Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

15/09/2023 | 10:55 | C. do Mar

Galicia aposta por aproveitar o potencial do medio mariño como motor de crecemento e desenvolvemento sustentable das zonas costeiras

O titular de Mar pon en valor o Proxecto Platicas, no que participan o Centro Tecnolóxico do Mar e a Autoridade Portuaria de Vigo, para avaliar as posibilidades de impulsar as actividades vencelladas co mar

13/09/2023 | 14:42 | A Presidencia da Xunta

Rueda defende a aposta das empresas galegas pola innovación sen renunciar a tradición como oportunidade para reforzar o tecido económico

Enxalza as empresas punteiras que arriscan e apostan pola “cultura do esforzo e do emprendemento” sen esquecer as orixes pola súa contribución á construción dunha “Galicia estable e de futuro”
 

12/09/2023 | 14:02 | C. do Mar

Alfonso Villares aposta por reforzar o traballo co sector para mellorar as súas condicións de vida e blindar o futuro da actividade marítimo-pesqueira

O titular de Mar subliña que a Xunta seguirá a defender ante todas as instancias os intereses da frota para evitar ataques arbitrarios e inxustificados, como o veto á pesca de fondo, que poñen en serio risco a súa viabilidade

10/09/2023 | 11:09 | C. do Mar

Galicia participa nun foro internacional sobre o rol que xogan as mulleres nas pesqueiras de Iberoamérica

Profesionais de diferentes sectores e países de Centroamérica, Sudamérica, España e Portugal debateron e compartiron experiencias sobre os retos e oportunidades para acadar a igualdade de xénero na actividade pesqueira

09/09/2023 | 10:06 | C. do Mar

A Xunta entrega máis de 2.500 unidades de semente de navalla á confraría de pescadores de Ribeira para os bancos de Touro e Coroso

Os exemplares, xa trasladados ao medio natural, proceden do Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo e son o resultado de máis de catro meses de estancia en criadeiro

05/09/2023 | 12:48 | C. do Mar

A Xunta aprobou o 85 % das solicitudes de axuda polo paro temporal da actividade marisqueira nos bancos da Ría de Arousa por un importe de preto de 1,6 M€

Antonio Basanta detallou que se resolveron favorablemente 278 dos 325 expedientes recibidos para compensar a paralización da actividade entre o 1 de febreiro e o 30 de abril nos Lombos do Ulla, Bohído e Cabío