Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

21/04/2023 | 13:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O espectáculo #MozasNasRedes apoiado pola Xunta para sensibilizar contra a violencia dixital conclúe a súa xira por IES galegos no Otero Pedrayo de Ourense

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu á representación desta obra que mostra diferentes situacións de acoso que afectan ás mulleres a través das redes e lles brinda ferramentas para identificalas e rexeitar esas actitudes

17/04/2023 | 20:51 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana avoga na Coruña por reforzar as políticas de igualdade laboral para avanzar na incorporación, permanencia e progreso das mulleres ao emprego

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, impartiu hoxe unha clase maxistral sobre políticas sociolaborais na Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais - Erlac

17/04/2023 | 14:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana aborda coa chef Lucía Freitas proxectos e liñas de colaboración no eido da igualdade laboral e de impulso do papel da muller no sector primario

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, recordou que a futura Lei galega de igualdade inclúe un capítulo dedicado ao Estatuto das mulleres rurais e do mar

16/04/2023 | 18:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia un documental elaborado pola Anpa do IES de Alfoz que aborda a situación das mulleres no deporte e promulga unha mensaxe a prol da igualdade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación da peza audiovisual desenvolvida polo alumnado, membros da comunidade educativa e coa implicación dos concellos de Alfoz e do Valadouro e entidades asociativas da zona

14/04/2023 | 14:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Ribeira o proxecto ‘Un mar de amigos’ que co apoio da rede galega ‘Eusumo’ nace para promover o emprego e o turismo inclusivos

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou na lonxa de Ribeira na presentación do programa promovido pola fundación Fundamar e a asociación Amicos

11/04/2023 | 12:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca no Pereiro de Aguiar a colaboración cos concellos no impulso dos centros de información á muller e no apoio ás vítimas da violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe á xuntanza da mesa de coordinación contra a violencia de xénero do concello ourensá na que se debateron novas actuacións para loitar contra a violencia de xénero desde o eido local

08/04/2023 | 13:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Os concellos poden solicitar as axudas para contratar vítimas da violencia de xénero ata o próximo 2 de maio

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a convocatoria destas axudas dirixidas ás entidades locais, que poden cursar a súa solicitude soas ou entre varias