Actualidade
Buscador de novas
O mercado de música entre Galicia e Portugal avanza as 12 propostas artísticas que se presentarán en setembro co apoio da Xunta
O programa de showcases mostrará os directos de seis artistas e bandas galegas e cinco portuguesas a responsables de programación dos dous países
Rueda destaca as 74 vivendas protexidas que se están a construír en Valdecorvos dentro do compromiso da Xunta por aumentar o parque residencial público
Salientou que estes novos inmobles enmárcanse dentro do plan para a construción de” 375 inmobles protexidos nos primeiros 100 días de Goberno”
Martina Aneiros anima a establecementos e axencias de viaxe da zona a adherirse a campaña dos bonos turísticos da Xunta para o próximo outono
Destaca o éxito da campaña coa que o Goberno galego pretende promover as viaxes na comunidade autónoma e apoiar así ao sector fóra da temporada alta
Román Rodríguez destaca Galicia como un referente na Compra Pública de Innovación en España
A nosa Comunidade presenta un total de nove proxectos á convocatoria da Liña FID do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades
A Xunta rematará en outubro a modernización da nova planta de preparación e envasado do porto de Celeiro
O obxectivo é afianzar e valorizar os produtos da zona, contribuíndo de xeito paralelo ao incremento do consumo de peixe dunha maneira máis sinxela e rápida e con prezos atractivos para o consumidor
A Xunta concede este ano 4,7 M€ en axudas a concellos e comunidades veciñais para executar 265 actuacións que melloren os sistemas de abastecemento e saneamento
Ángeles Vázquez salienta que se triplicou o orzamento inicial das convocatorias de 2024 para chegar ao 100% dos concellos solicitantes e que cumprían os requisitos
José González viaxará este mes á Arxentina e ao Uruguai para seguir potenciando as estratexias de retorno e os lazos coa comunidade galega no exterior
Trátase da primeira viaxe con este propósito do conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, que se vén de reunir cos delegados da Xunta en Bos Aires e Montevideo para perfilar os detalles da visita