Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

07/02/2024 | 17:40 | C. de Sanidade

O Sergas recibe 83 propostas innovadoras durante o proceso de Consulta Preliminares ao Mercado do Plan de innovación sanitaria Precisaúde

O Plan de Innovación Sanitaria PRECISAÚDE está centrado na Medicina 5P, contando con 4 grandes liñas de traballo e 8 retos principais, aspirando a mobilizar máis de 20 millóns de euros nos próximos 3 anos

07/02/2024 | 13:30 | C. de Sanidade

Comesaña agradece ao sector sanitario a participación na primeira Estratexia Integral de Saúde Galega que conta con cinco eidos de actuación

Unha folla de ruta estruturada encamiñada á consecución dun modelo sanitario equitativo e eficaz, e cun enfoque máis proactivo

06/02/2024 | 17:10 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade inaugura a exposición itinerante do V Concurso de Carteis para escolares relacionados coa doazón e cos transplantes

A mostra, que é resultado dos concursos escolares sobre a doazón e os transplantes que promove ADOS, poderá visitarse na entrada principal do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ata o 12 de febreiro

06/02/2024 | 15:19 | C. de Sanidade

Máis de 1.100 alumnos de 20 centros educativos participan en Reimaxina a Ciencia Galicia

O Programa tenta achegar a ciencia e a tecnoloxía dunha maneira amena e divertida á xuventude, ademais de fomentar vocacións científicas-tecnolóxicas

06/02/2024 | 13:13 | C. de Sanidade

A Xunta avanza no traslado provisional dos servizos administrativos do CHUAC ao Instituto Feiral da Coruña

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o encargo da Xunta a TRAGSA para comezar co acondicionamento das instalacións de IFECO

06/02/2024 | 11:09 | C. de Sanidade
05/02/2024 | 11:46 | C. de Sanidade

A Xunta e o concello da Guarda acordan construír o novo Centro Integral de Saúde na zona das Coutadas

O acordo sobre os terreos, próximos á base do GES, dá resposta á solicitude dunha parcela para este fin demandada pola Xunta ao Concello en novembro de 2021

05/02/2024 | 10:33 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 65 persoas por 43 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 2 de febreiro ata as 23,59 horas do domingo, 4 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 53 chamadas por accidentes de tráfico

04/02/2024 | 18:30 | C. de Sanidade

O Servizo Galego de Saúde constitúe o grupo de implantación da súa Estratexia de Economía Circular

A xuntanza estivo presidida pola xerente do Sergas, Estrella López-Pardo

04/02/2024 | 16:30 | C. de Sanidade

A Xunta cede un local na Coruña á Federación Galega de Enfermidades Raras e crónicas para sede desta asociación

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, comunicoulle á directora de Fegerec a concesión demanial nun local na coruñesa Ronda de Nelle