Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

22/09/2023 | 11:12 | C. do Mar

A Xunta apoia en Expomar Cabo Verde as empresas galegas do sector marítimo-pesqueiro na busca de novas oportunidades de negocio

A Consellería do Mar participa neste certame cun expositor de 36 metros cadrados que ten a disposición das empresas galegas para manter xuntanzas de negocios e facilitar así a ampliación dos seus contactos

21/09/2023 | 19:51 | C. do Mar

Galicia destina este ano máis de 18 M€ a proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro cos que dinamizar a economía das zonas costeiras

O Diario Oficial de Galicia publicará nos vindeiros días a orde coa convocatoria destas axudas para apoiar iniciativas a desenvolver entre os anos 2023 e 2025

21/09/2023 | 19:21 | C. do Mar

A Xunta apoia con 2,8 M€ máis dun cento de proxectos para a mellora de instalacións de cultivos mariños cun investimento total superior aos 6 M€

Estas iniciativas inclúen actuacións para mellorar a produtividade das instalacións, a eficiencia enerxética ou as condicións de traballo, entre outras

21/09/2023 | 13:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anima á cidadanía a participar no Festival Mar de Mares que acolle A Coruña e no que a Xunta pon en valor os produtos pesqueiros galegos

O delegado territorial destacou o importante esforzo do Goberno autonómico para difundir os produtos da artesanía e da industria alimentaria mariñeiras a través do Mercado do Mar que terá lugar esta fin de semana no Parrote

20/09/2023 | 14:12 | C. do Mar

A Xunta defende a importancia de avanzar nunha investigación exhaustiva dos recursos mariños para optimizar a súa xestión e a toma de decisións

O titular de Mar eloxia o labor dos investigadores do Centro de Investigacións Mariñas para coñecer mellor a situación de distintas especies de interese para o sector marítimo-pesqueiro e as posibilidades de cultivo en criadeiro dalgunhas delas

19/09/2023 | 14:00 | C. do Mar

As vendas de produtos do mar certificados con selo ecolóxico superan os 20 M€ en Galicia tras subir un 50 % en catro anos

O titular de Mar salienta que este tipo de produción está en auxe na comunidade posto que a sociedade demanda alimentos que acrediten que foron obtidos de xeito respectuoso co medio ambiente e apostando en todo momento pola sustentabilidade

17/09/2023 | 14:43 | C. do Mar

Galicia participa na Eurocámara nun debate sobre a importancia da formación a prol dunha pesca sostible

O proxecto Capturar o potencial, do que é socio o Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, promove unha conferencia o vindeiro xoves sobre a relevancia da capacitación dos pescadores neste eido

16/09/2023 | 15:39 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda enxalza a contribución das confrarías á creación de riqueza nas vilas costeiras e a facer Marca Galicia a través dos produtos do mar

Salienta o papel ao longo do tempo da entidade para impulsar o avance económico, social e cultural desta localidade de Porto do Son