Actualidade
Buscador de novas
A Xunta e a cadea mar-industria advirten do grave impacto na actividade pola inseguridade xurídica que xera o recurso contra a Lei do litoral galega
Ángeles Vázquez censura a falta de transparencia do Goberno central, que nin sequera lle comunicou ao Consello de Estado a súa decisión de presentar o recurso ante o Constitucional e continúa negándolle á Xunta o dereito a defender a súa lei
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza do dominio público hidráulico no Lago Meirama, no concello de Cerceda
As tarefas están a desenvolverse na parroquia das Encrobas, na zona da praia e no aliviadoiro do lago cara ao río Barcés
A Xunta defende a Lei do Litoral de Galicia como norma innovadora e referente a seguir para a xestión integrada da costa
Ángeles Vázquez expón que a aposta pola integración do modelo galego contraponse á exclusión pola que avoga o Goberno central ao pretender eliminar da costa calquera vestixio humano
A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de varios regos no concello de Padrón
Estes traballos están levándose a cabo en treitos interurbanos dos regos de Tarrío, de Avelenda, de Castrelo e nun rego innominado, nunha lonxitude de preto de 5 km
Trenor participa no izado da Bandeira Verde de Galicia no concello da Laracha
O municipio de Oleiros foi galardoado por primeira vez e os de Curtis, A Laracha, Muros, Ordes, Porto do Son e Ribeira revalidan este distintivo
A Xunta adxudica por 13,16 M€ as obras de urbanización da primeira fase de San Paio de Navia
O Instituto Galego da Vivenda e Solo asinou o contrato coa empresa gañadora da licitación, o que garante que en novembro comezarán os traballos sobre o terreo
Rueda destaca que a Xunta destinará 25 M € durante os vindeiros 10 anos ao desenvolvemento da Estratexia de estradas verdes nas vías de alta capacidade autonómicas
Resalta que se van “reforestar con especies fondosas autóctonas” as marxes dos preto de 500 quilómetros de estradas de titularidade da Xunta
A Xunta expón a representantes europeos o traballo realizado no observatorio costeiro de Cortegada a través dos proxectos Radaronraia e Marrisk
Presentáronse os resultados de ambas iniciativas, que permiten mellorar o coñecemento oceanográfico e medir indicadores do cambio climático nas rías galegas e tamén nas augas do país veciño
A Xunta destina máis de 6,6 M € en axudas para as áreas de rehabilitación dos camiños de Santiago, da Ribeira Sacra e de Illas Atlánticas
A convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia o vindeiro luns, 30 de outubro, e as solicitudes poderán presentarse a partir do día seguinte e ata o 30 de novembro
Rueda apela ao compromiso do tecido social e económico galego para acadar a neutralidade climática en 2040
Salienta que a futura aprobación da Lei do clima establecerá este obxectivo como unha obriga legal