Actualidade
Buscador de novas
A Xunta adxudica por máis de 4,3 M€ as obras do novo colector xeral de Burela para a mellora do saneamento municipal
Executarase unha estación de bombeo e tratamento que recollerá a maior parte das augas residuais de Burela para impulsalas cara á futura nova depuradora
A Xunta solicítalle ao Ministerio a convocatoria urxente da conferencia sectorial de transportes para abordar as bonificacións do transporte público desde o 1 de xaneiro
O Goberno galego descoñece as previsións que manexa o Executivo español en relación aos bonos gratuítos para o tren e ás bonificacións dos autobuses, tanto estatais, como nos interurbanos e urbanos, de competencia das comunidades e dos concellos
A Xunta inicia as obras do colector do río sardiña para culminar o saneamento da enseada da Malata de Ferrol, cun novo investimento de 900.000
Esta intervención adicional está a comezar coa instalación das casetas de traballo e a preparación das tubaxes na contorna das obras
A Xunta inviste 171.000 € este ano na mellora de infraestruturas municipais en Cerdedo-Cotobade
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou a localidade para comprobar as actuacións feitas ao abeiro de distintas liñas de apoio
Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras dunha nova glorieta no Val e dunha conexión co polígono de río do Pozo de Narón, que suporán un investimento de 935.000 €
Indica que se mellorará a mobilidade no Val substituíndo a actual intersección en cruz por unha rotonda de 32 metros de diámetro no cruce da AC-116 coa vía da deputación
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas da execución das obras da estación intermodal de Lugo
Trátase da construción da terminal de autobuses integrada na de ferrocarril e do aparcadoiro subterráneo, cuxas obras foron licitadas pola Xunta a finais de novembro por 20 M€ coa previsión de inicialas na primavera
A Xunta remata as obras da senda peonil na estrada OU-301 que facilita a conexión coa capitalidade de Bande
A intervención supuxo un investimento de preto de 50.000 euros
A Xunta achegou 30.000 euros ao concello de Navia de Suarna para acondicionar un inmoble municipal en Queizán
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que a actuación incluíu a mellora do illamento e a renovación das carpinterías exteriores
A Xunta adxudica por máis de 1,8 M€ as obras de remodelación da ponte na rúa Fomento de Carballo para reducir o risco de inundación no río Anllóns
Intervirase na zona da ponte, onde o estreitamento do leito do río e a súa escasa capacidade de desaugue fan que sexa unha das zonas más inundables no casco urbano en época de enchente
A Xunta licita as obras de mellora do pavillón polideportivo Monte das Moas por case 850.000 €
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou hoxe na presentación do proxecto durante á súa visita ás instalacións