Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

28/04/2023 | 12:34 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña en Santiago o papel da artesanía como modelo de inclusión laboral para persoas con diversidade funcional

A Fundación Artesanía de Galicia colabora coa Universidade de Santiago de Compostela na xornada Educación, Artesanía e Inclusión: novos desafíos para vellas demandas que se celebra hoxe no Colexio de Fonseca

27/04/2023 | 14:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Xunta e Alar Galicia conciencian sobre a prevención do suicidio e das condutas adictivas entre nenos e mozos

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participaron na apertura dunhas xornadas que reúnen a expertos de diferentes ámbitos para aportar a súa experiencia neste eido

27/04/2023 | 12:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana sinala a importancia de fomentar as vocacións tecnolóxicas entre as rapazas desde idades temperás para que elixan os estudos “sen prexuízos”

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe por videoconferencia na apertura da xornada organizada polo Centro de Supercomputación de Galicia con motivo do Día Internacional das Rapazas nas TIC

27/04/2023 | 12:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia con preto de 1,4 M€ os programas de 52 entidades de iniciativa social dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución destas axudas do Goberno galego coas que se financian, entre outros, actuacións de orientación, atención psicolóxica, asesoramento xurídico, mediación intercultural e/ou familiar, de orientación laboral ou para a adquisición de habilidades persoais e sociais

26/04/2023 | 12:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta aborda coas entidades da Rede contra a trata a acreditación das mulleres vítimas

Este recoñecemento administrativo con validez en todo o Estado garantirá o acceso das mulleres vítimas de trata e/ou explotación sexual a servizos e recursos asistenciais

25/04/2023 | 13:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta salienta en Teo o importante labor das mesas locais contra a violencia de xénero para fortalecer a cooperación na detección de posibles casos

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na xuntanza celebrada na localidade coruñesa na que informou sobre os recursos autonómicos para loitar contra a violencia machista
 

24/04/2023 | 18:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana reúnese coa Fundación Amigos de Galicia coa que colabora na cualificación de persoas desempregadas e na atención a mulleres vulnerables

Defendeu o reforzo da orientación laboral como clave para que colectivos prioritarios como mulleres, mozas e mozos e parados de longa duración melloren súas oportunidades