Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 754 novas da área temática Benestar:

28/06/2023 | 17:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
28/06/2023 | 14:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta traslada ao Observatorio da Familia e Infancia a boa acollida da simplificación do certificado das familias numerosas e monoparentais

O título de familia numerosa prorrógase ata que o fillo maior cumpra 26 anos, polo que xa non é necesario renovalo anualmente a partir de que este teña 21

24/06/2023 | 11:08 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta licita a contratación de 1.250 prazas para estadías de persoas maiores en balnearios de Galicia

O orzamento deste contrato ascende a preto de 732.000 euros e os establecementos interesados teñen de prazo ata o vindeiro día 20 de xullo para presentar as súas propostas

23/06/2023 | 13:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta destina a Asfedro preto de 60.000 euros en axudas para varios programas de carácter sociosanitario no ámbito dos trastornos mentais

A entidade resultou beneficiada de dúas achegas da Consellería de Sanidade: unha de 50.000 euros para melloras de centros sanitarios e outra de 6.500 euros para programas de fomento do emprego en persoas con trastornos mentais

23/06/2023 | 12:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta completa a distribución das bandeiras azuis 2023 na provincia de Pontevedra coa entrega de cinco insignias a Poio, A Guarda e A Illa

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera,repartiu estes distintivos para as praias de Cabeceira, Area Grande, O Muíño, Area da Secada e O Bao aos alcaldes Ángel Moldes e Roberto Carrero e a concelleira Rosi Viana

22/06/2023 | 16:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o seu compromiso coa mellora da seguridade e da saúde laboral no sector mineiro

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, participou esta mañá en Santiago de Compostela na apertura dunha xornada técnica organizada polo Instituto Nacional de Silicose

22/06/2023 | 15:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aproba un paquete de medidas de preto de 50 M€ para axudar as persoas en risco de exclusión, as familias, os maiores e as persoas con discapacidade

Rueda salienta que estas axudas permitirán achegar ás entidades sociais recursos para mellorar a súa atención
 

21/06/2023 | 18:44 | A Presidencia da Xunta; C. de Política Social e Igualdade

O presidente da Xunta pon en valor as axudas de 12.000 € anuais impulsadas polo Goberno galego para apoiar a enfermos con ELA

Con motivo do Día mundial do ELA, anima a outras Administracións a seguir o exemplo do Goberno galego, pioneiro nestas achegas directas que solicitaron xa un cento de afectados pola doenza

21/06/2023 | 16:07 | C. de Política Social e Igualdade
21/06/2023 | 13:33 | C. de Política Social e Igualdade