Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

17/11/2023 | 13:19 | C. do Medio Rural

“Pataca de Galicia. En boca de todxs” é o lema da campaña coa que a Xunta promoverá o consumo deste produto amparado polo selo de calidade diferenciada

O conselleiro presentou hoxe na Delegación Territorial da Xunta en Ourense a campaña do goberno autonómico, que se estenderá ata o 31 de decembro nun centenar de medios de comunicación locais, provinciais, autonómicos e estatais
 

16/11/2023 | 18:37 | C. do Medio Rural

A Xunta insiste en defender a necesidade de prezos estables no sector leiteiro para garantir rendibilidade aos gandeiros e remuda xeracional

José González insistiu na idea de que sen gandeiros non hai industria nin distribución, polo que cómpre apostar por un prezo axeitado para os consumidores finais, pero tamén por un prezo adecuado para os gandeiros e para a industria

16/11/2023 | 15:42 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural; C. do Mar

A Xunta impulsa o emprendemento en Navia de Suarna con achegas para a ampliación dunha área de servizo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou as instalacións, que incorporan un taller de pneumáticos e mantemento de vehículos ao abeiro das axudas para investimentos en actividades non agrícolas no rural

16/11/2023 | 14:38 | C. do Medio Rural

O experto en poda e arquitectura na vide Julián Palacios imparte unha formación na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia en Leiro

Este centro, dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, organizou esta formación que esgotou as 30 prazas dispoñibles en menos de 24 horas

15/11/2023 | 13:29 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a innovación dos proxectos galardoados nos premios ao desenvolvemento rural, por “encontrar novos e mellorados usos aos recursos que xa dispoñemos”

José González indicou que estes galardóns son unha proba fidedigna da vontade por continuar evolucionando, con “máis dun cento de galardóns outorgados” ás mellores iniciativas de desenvolvemento rural de Galicia

14/11/2023 | 14:01 | C. do Medio Rural

A Xunta remarca a importancia de coidar e reivindicar o produto agroalimentario galego, dende a orixe ata a súa distribución

José González puxo en valor o traballo das pemes agroalimentarias rexionais e locais, así como o das cooperativas agrogandeiras, insistindo na necesidade de prezos xus-tos, que garantan a rendibilidade e o futuro destas explotacións

14/11/2023 | 12:41 | C. do Medio Rural

O Consello Agrario creará un grupo de traballo para anticipar as consecuencias das novas enfermidades animais e vexetais que afectan ao sector primario galego

Activarase un sistema de alertas temperás para formar e informar aos produtores do rural galego dos posibles riscos derivados do cambio climático