Actualidade
Buscador de novas
A conselleira do Medio Rural pide o compromiso das cadeas de distribución co prezo do leite e coa promoción dos produtos agroalimentarios galegos
María José Gómez mantivo hoxe un encontro con representantes das principais empresas de distribución que operan en Galicia para continuar colaborando en favor do sector primario
Portos de Galicia adxudica neste mes de xullo as obras de remodelación e ampliación da lonxa de Tragove, licitadas por 1,38 millóns de euros
Os traballos permitirán dotar ao edificio dunha nova zona para a limpeza de caixas, a preparación do peixe e cámaras de frío e conxelación
Medio Rural salienta os beneficios para os concellos do Plan de mellora de camiños rurais, dotado con máis de 19 M€ para 2024 e 2025
María José Gómez fixo balance das actuacións realizadas arredor desta iniciativa, que contou cunha dotación orzamentaria de máis de 130 millóns de euros no período 2016-2024 que se traducen en máis de 4.280 quilómetros de vías rurais melloradas
Lete Lasa sinala que o Mundial Júnior de Vilagarcía reforzará a Galicia como referente internacional da vela tal e como fixo o Europeo de 2019
Jacobo García, Jaime Wizner, Pablo Llorens, Estela Enríquez ou Claudia Sobral son “o presente e o futuro da nosa vela, que se miran no espello de grandes referentes como Támara Echegoyen que, en París, disputará como abandeirada os seus cuartos Xogos”
Miguel Corgos anuncia que o Goberno galego revisará á alza a previsión do crecemento da economía para este ano elevando en dúas décimas a estimación do PIB ata o 2,1 %
O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu hoxe no Parlamento para expoñer as 10 liñas estratéxicas do seu departamento
Belén do Campo pon en valor a función dos equipos directivos para garantir a boa marcha do sistema
A delegada da Xunta mantivo un encontro con representantes da Asociación de Centros Públicos da Coruña
A Xunta ofrece este verán co ‘CulturON 2024’ máis de 500 plans culturais para todas as idades na área de Vigo
A delegada territorial en Vigo, Ana Ortiz, acudiu ao Acuario do Museo do Mar de Galicia no que se celebran visitas guiadas
A Xunta anima aos usuarios a que descarguen o Bono Turístico, do que quedan dispoñibles menos de 1.000
Poden facelo a través da páxina web www.bonoturismo.gal
A Xunta impulsa a internacionalización do modelo da FP galega, un referente en toda España
A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, participa na inauguración de ‘Erasmus+. O camiño da FP cara unha Europa máis sostible’ organizada por SEPIE