Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 85 novas da área temática Xacobeo:

04/11/2023 | 10:57 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta coloca unha mouteira do Camiño de Santiago no aeródromo militar de Lavacolla no seu 30 aniversario

O nacemento da base aérea de Santiago de Compostela coincide coa declaración do Camiño Francés como Patrimonio da Humanidade, ambas hai tres décadas

01/11/2023 | 12:18 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles salienta a oportunidade do Fairway para debater e avanzar na xestión sustentable da ruta xacobea

O director de Turismo de Galicia participa na inauguración desta feira, que se desenvolverá ata o venres en Santiago de Compostela co apoio da Xunta de Galicia

21/10/2023 | 19:32 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta agradece o papel activo das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago na recuperación e mantemento dos valores xacobeos

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, clausura o Encontro Mundial que se celebrou en Santiago de Compostela con 300 participantes de máis de 120 entidades

20/10/2023 | 12:10 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta pon de manifesto os beneficios que supón para o modelo turístico galego a crecente desestacionalización do Camiño de Santiago

Xosé Merelles fala da ruptura da estacionalidade na peregrinación “con récords históricos de recollida de Compostelas especialmente en inverno e primavera”

17/10/2023 | 13:41 | A Presidencia da Xunta; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
14/10/2023 | 10:05 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta compartirá o modelo galego de xestión do Camiño de Santiago con países de Europa do leste

Galicia preside este ano a Federación Europea do Camiño de Santiago, que esta semana vén de incorporar novas administracións públicas de Polonia e Croacia

11/10/2023 | 13:17 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia a V feira especializada no Camiño Fairway, que promoverá máis de 3.000 reunións profesionais para fomentar o emprego na ruta xacobea

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa na presentación deste foro que se desenvolverá do 1 ao 3 de novembro en Santiago de Compostela

05/10/2023 | 13:50 | Axencia de Turismo de Galicia

A serie documental ‘As pedras falarán’ celebra cos seus protagonistas os 30 anos do Xacobeo co apoio da Xunta

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa na presentación desta peza de seis episodios que explora a evolución do Camiño de Santiago nestes anos

03/10/2023 | 18:21 | Axencia de Turismo de Galicia

Esta semana comezan as celebracións do irmandamento do camiño xaponés Kan-Non e a Ruta xacobea

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa hoxe na Embaixada de Xapón no arranque dos actos para conmemorar a alianza entre ambos itinerarios