Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 312 novas da área temática Transporte:

21/06/2024 | 15:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Pontevedra desbloquean a variante de Alba

O proxecto está supeditado á disposición do informe favorable do Ministerio de Transportes confirmando a viabilidade do enlace da variante coa estrada N-550, documento que o Concello se comprometeu a acadar

21/06/2024 | 12:58 | A Presidencia da Xunta

A delegada da Xunta en Vigo pide ao alcalde “boa vontade e afán construtivo” para desbloquear “proxectos de cidade” e avanzar co presidente en melloras para a cidadanía

Ana Ortiz agarda que Abel Caballero abra na reunión do vindeiro martes unha “nova etapa de colaboración” co Goberno galego “en beneficio dos vigueses”

18/06/2024 | 17:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As novas liñas de autobús de Sanxenxo impulsadas polo concello para o verán co apoio da Xunta comezan a funcionar esta fin de semana

A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou esta mañá no percorrido de proba do servizo lanzadeira, ao que se suman dous circulares

18/06/2024 | 12:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Plataforma de usuarios de media distancia de Renfe coinciden na urxencia de que o Goberno central cumpra os seus compromisos coa liña ferroviaria galega

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reuniuse coa voceira da entidade, Iria Méndez 

17/06/2024 | 17:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta informa aos veciños de Infesta da adxudicación da redacción do proxecto de mellora da seguridade viaria na AC-542 ao seu paso por Betanzos

Con esta actuación a Xunta dá resposta as necesidades de seguridade e accesibilidade neste tramo autonómico

17/06/2024 | 15:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aborda coas federacións de transportes de viaxeiros por estrada os retos en materia de mobilidade para ofrecer un servizo de calidade

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, reunise xunto á directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, a representantes de Anetra-Galicia, Fegabus, Fegatravi e Transgacar

15/06/2024 | 10:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o concello de Sanxenxo impulsan o transporte público no verán con novas liñas municipais de autobús

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde Telmo Martín asinaron o convenio, enmarcado na aposta pola mobilidade sustentable

14/06/2024 | 15:17 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta financiou preto de 700 bicicletas eléctricas na provincia de Pontevedra no 2024

O delegado territorial achegouse a unha tenda especializada onde lle transmitiron o éxito da campaña

14/06/2024 | 12:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ultima a licitación das obras da intermodal de Lugo coa previsión de comezar os traballos este verán

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañou ao ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, na visita ás obras, e reivindicou ao Goberno central que non exclúa a cidade da alta velocidade

12/06/2024 | 13:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reivindica ao Goberno central un transporte ferroviario con servizos que cubran as necesidades da poboación galega

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, detallou os incumprimentos do Goberno central co incremento de frecuencias, prazas e redución de tempos de viaxe prometidos cos novos trens Avril