Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 337 novas da área temática Comercio:

25/06/2024 | 13:19 | C. do Medio Rural

Medio Rural reforza a colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia a prol desta produción, na que a nosa comunidade é lider nacional

A conselleira María José Gómez reuniuse en Lugo co presidente da IXP para escoitar as súas demandas, e puxo en valor as axudas para o fomento do castiñeiro, que este ano teñen un orzamento de máis de 1,3 millóns de euros

25/06/2024 | 12:07 | C. do Medio Rural

A Xunta destina máis de 300.000 euros ás axudas para o control da calidade de produtos agroalimentarios

A Consellería do Medio Rural vén de publicar a resolución destas achegas, que benefician os consellos reguladores das Denominacións de Orixe Protexidas (DOP) e das Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP), así como ao da produción ecolóxica de Galicia

25/06/2024 | 10:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca o valor dos Polos de emprendemento como o de Friol para impulsar proxectos innovadores e colaboracións a prol do desenvolvemento do rural

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou hoxe no evento Potenciando o sector agroalimentario, organizado por este polo en colaboración co GDR-4 Comarca de Lugo e Traloagro

24/06/2024 | 13:31 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A campaña da Xunta ‘Veráns de Lecer Consumo’ comeza hoxe con máis de 200 actividades para rapaces de 3 a 18 anos en 60 concellos galegos

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou, xunto coa xerente do IGCC, Sol Vázquez, unha destas actuacións no Colexio Rural Agrupado (CRA) de Teo coa que se busca concienciar dun xeito lúdico sobre o consumo responsable

24/06/2024 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Martina Aneiros anima ás persoas consumidoras a sumarse á campaña ‘Días Azuis’ para apoiar ao comercio de proximidade

Poden sumarse á iniciativa todos os clientes do comercio galego que fagan as súas compras ata o 30 de xuño e as rexistren a través da web da campaña

21/06/2024 | 13:39 | C. do Medio Rural

Manuel Pardo enxalza a excelencia dos nosos produtos alimentarios de proximidade e o bo facer dos produtores locais

O delegado territorial referiuse á Lei da calidade alimentaria de Galicia que reafirma a aposta da Xunta pola sustentabilidade e a trazabilidade das producións primarias da nosa comunidade

21/06/2024 | 12:04 | C. de Economía e Industria

A nova convocatoria do programa de bolseiros especializa en comercio exterior a mozas e mozos facilitando ás pemes galegas a busca de novos mercados internacionais

O Diario Oficial de Galicia publica as bases dunha iniciativa dirixida a estudantes con titulacións universitarias de grao superior, que poderán formarse en diferentes destinos mundiais mellorando a súa empregabilidade e potenciando a competitividade do tecido produtivo galego