Actualidade
Buscador de novas
A Xunta investirá 96.800 euros na mellora de accesos aos núcleos do Alto, As Fontes e As Maciñeiras, na Pastoriza
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, anuncian que a Consellería do Medio Rural financiará as obras con cargo ao Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) deste ano
A Xunta publica no DOG a convocatoria para xaneiro e marzo aos titulares dos terreos necesarios para executar a nova glorieta no Val e a conexión co polígono de río do Pozo de Narón
O levantamento de actas previas terá lugar o 10 de xaneiro e a formalización das actas de ocupación o 25 de marzo no salón de plenos do Concello de Narón
A Xunta acometerá a mellora do firme na estrada autonómica PO-254 ao seu paso polos concellos de Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario
As obras, licitadas por máis de 1,4 M€ e cun prazo de execución de 4 meses, consistirán na rehabilitación e a reposición do firme, ademais do repintado das marcas viarias
A Xunta inicia as obras de adecuación dunha parada de autobús na estrada AC-419 na Bugalleira, no concello de Ponteceso
A intervención permitirá resolver a ausencia de parada de autobús en ambas as marxes da vía autonómica, na zona da Noria, ao seu paso polo municipio
A Xunta adxudica por máis de 3,27 millóns de euros o servizo de redacción de proxectos en materia de estradas nas catro provincias
O contrato está dividido en catro lotes, un por provincia
A Xunta licita as obras de mellora da mobilidade peonil na estrada AC-840 para a execución dunha nova senda e pasarela baixo a vía do tren cun investimento de 1,26 M€
Vázquez Mourelle sinala que se prevé poder comezar os traballos na primavera de 2024
A Xunta colabora na mellora do local social da asociación de veciños ourensá Virxe de Covadonga cunha achega de 17.000€
A directora xeral de Administración Local visitou as instalacións para comprobar as obras realizadas e a dotación adquirida
A Xunta instala unha marquesiña e facilita o cambio de sentido dos autobuses na entrada a Lugo polo Carqueixo
O delegado territorial subliña que a actuación conta cun orzamento de 60.000€ mellorará a seguridade viaria no acceso á cidade pola LU-530 e favorecerá o uso do transporte público
A Xunta inicia as obras das sendas que conectarán Ourense de norte a sur para transformar a mobilidade urbana cun investimento de 5,7 M€ e o obxectivo de concluílas a comezos de 2025
A conselleira subliña que o itinerario peonil e ciclista de máis de 4 km comunicará os principais equipamentos da cidade, facilitando un percorrido sostible e saudable desde a estación intermodal ata Expourense
A Xunta somete a información pública o proxecto de mellora de 43 paradas de autobús en estradas autonómicas en Nigrán, cun investimento de máis de 1 M€
O obxectivo é acondicionar as paradas situadas nas estradas PO-325, PO-552 e PO-340, todas no municipio de Nigrán, enmarcadas nas rutas de acceso polo sureste a Vigo