Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

12/05/2023 | 15:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta informa aos concellos lucenses das axudas que poden solicitar ata o 8 de xuño para financiar os CIM e fomentar a igualdade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicaron que a convocatoria deste ano está dotada con 9,3 millóns de euros
 

10/05/2023 | 12:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

As axudas autonómicas para financiar os CIM e que os concellos promovan medidas de conciliación e contra a violencia de xénero poden solicitarse ata o 8 de xuño

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe en Pontevedra destes apoios a través dos que a Xunta inviste este ano 9,3 M€

09/05/2023 | 11:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

As candidaturas ás Medallas Pardo Bazán coas que a Xunta recoñece o traballo a prol da igualdade de persoas e entidades poden presentarse ata o 12 de maio

A Xunta de Galicia concede estes galardóns, que inciden no papel relevante de persoas e/ou entidades na busca dunha sociedade galega más igualitaria, desde 2019

08/05/2023 | 12:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta activa as axudas para que os concellos reciban achegas para financiar os CIM e promovan medidas de conciliación e contra a violencia de xénero

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, informou de que a Xunta inviste este ano 9,3M€ en axudas a entidades locais para previr a violencia de xénero, promover a igualdade e a conciliación e financiar o labor dos 84 Centros de Información á Muller (CIM) despregados por Galicia

06/05/2023 | 11:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta seguirá a colaborar co Colexio de Psicoloxía de Galicia na atención especializada ás vítimas da violencia de xénero e ao seu entorno familiar

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade referenda o seu convenio coa entidade por máis de 337.000 euros para prestar apoio a unhas 1.000 mulleres, menores e homes con problemas de control das súas condutas violentas

05/05/2023 | 11:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Xunta e Escuela de Organización Industrial asinan un acordo marco para impulsar en Galicia o traballo autónomo, o emprendemento e a economía social

O Goberno galego aspira a dinamizar as oportunidades de creación de emprego, a partir de fondos europeos e estatais, a través da aceleración de iniciativas innovadoras, a atracción de talento feminino e o fomento do traballo no eido do cooperativismo

04/05/2023 | 13:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor a colaboración con Adicam no apoio a mulleres enfermas de cancro que tamén son vítimas da violencia de xénero e vulnerables

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación da programación ‘A nosa convivencia en feminino’ organizada pola Asociación de diagnosticad@s de cancro de mama e xinecolóxico (Adicam)

03/05/2023 | 11:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apoia con máis de 67.000 € tres programas de iniciativa social dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade en Ferrolterra

Entre as 52 entidades galegas beneficiarias desta convocatoria de axudas atópanse as asociacións Síndrome de Down Teima Ferrol, Acción Familiar (AFA) Ferrol e Tempus

02/05/2023 | 13:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración