Actualidade
Buscador de novas
Uns 150 escolares do CEIP Paradai de Lugo participan nunha plantación organizada pola Xunta para celebrar o Día da Árbore
O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Xefatura Territorial de Medio Rural reparte estes días centos de exemplares en centros educativos da provincia para concienciar ás xeracións máis novas da importancia de coidar o medio ambiente
A Xunta celebra o Día Internacional dos Bosques plantando árbores autóctonas cos cativos de Salceda de Caselas
O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, participou esta mañá no acto, en terras da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Soutelo e con planta dos viveiros públicos da Xunta
A Xunta intercambia experiencias con outras comunidades autónomas sobre como facer fronte aos incendios forestais
O director xeral de Defensa do Monte participa hoxe en Burgos na xornada “Incendios forestais: solucións compartidas” no marco do segundo encontro de intercambio de experiencias entre gobernos autonómicos sobre conservación da natureza
A Xunta avanza na reforma da residencia de estudantes do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude no marco do futuro Espello do rural galego
José González lembrou que estes traballos na residencia -para os que se conta cun orzamento de 3,4 millóns de euros- permitirán modernizar as instalacións e ampliar o número de prazas para atender a demanda existente
A Xunta conmemora o Día internacional dos bosques con plantacións de especies autóctonas por toda Galicia
José González puxo de relevo que dous terzos do territorio galego -máis de 2 millóns de hectáreas- son forestais, das que preto de 1,4 millóns son arboradas
A Xunta aproba o proxecto de construción dunha base aérea transfronteiriza entre Verín e Oímbra no marco do Proxecto Interlumes
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde pola que se aproba con carácter definitivo o proxecto e se declara de utilidade pública
A Xunta imparte cursos para mellorar as comunicacións durante os incendios forestais
Cada unha destas formacións consisten nunha xornada práctica e presencial, que están dirixidas ao persoal do Servizo pertencente a categorías que empregan emisoras
A Xunta lidera un proxecto europeo para mellorar a resilencia ambiental das zonas rurais
A secretaria xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural asistiu esta semana en Estocolmo á reunión de posta en marcha desta iniciativa que permitirá impulsar a cooperación de Galicia con outras rexións para promover políticas e instrumentos que permitan xestionar, manter e mellorar o capital natural das zonas rurais
A Xunta pon en valor o traballo do Servizo de prevención e extinción de incendios no coidado e defensa dos montes galegos
O director xeral de Defensa do Monte participou no acto de homenaxe aos falecidos durante as tarefas de extinción de lumes que organizou Aprafoga
A Xunta inicia a exposición pública do mapa de ordenación de usos do polígono agroforestal de Santaia-Foxado en Curtis, que reordenará unhas 3.400 hectáreas de superficie
O mapa está colgado na web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e no taboleiro de anuncios do Concello, para que os veciños poidan presentar as observacións pertinentes no prazo máximo de tres meses