Actualidade
Buscador de novas
Activo un incendio forestal rexistrado no concello lugués de Taboada, parroquia de Xián
Segundo as primeiras estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas
A Xunta pon en valor en Verín a nova Oficina Rural e a nova base de Unidade Operativa do servizo de prevención e extinción de incendios
José González referiuse aos preto de 255.000 euros que se dedicaron ás novas instalacións da Oficina Rural, establecendo unha zona administrativa, dependencias para os veterinarios e instalacións máis eficientes desde o punto de vista enerxético
A Xunta participa nun exercicio promovido por Portugal para a mellora da coordinación transfronteiriza en incendios forestais
Tamén o Goberno de Castela e León proporcionou medios e recursos a este simulacro de lume forestal, que busca a redución dos tempos de resposta e o reforzo da cooperación entre Administracións
A Xunta solicita como medida preventiva a declaración da situación 2 no incendio forestal activo en Baleira, parroquia de Cubilledo
A situación operativa neste incendio -que supera as 120 hectáreas provisionais- decrétase pola proximidade do lume ao núcleo do Fórneas
A Xunta prohibe de xeito inmediato as queimas agrícolas e forestais de particulares debido ás condicións meteorolóxicas
Isto implica que non se darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso a partir deste momento
Activo un incendio forestal rexistrado no concello lugués de Baleira, parroquia de Cubilledo
Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie dunhas 30 hectáreas
A Xunta e a Deputación de Ourense alíanse para dotar o Centro integral de loita contra o lume de Toén do máximo potencial
A Deputación Provincial comprometeuse a arranxar os accesos ao Centro, na liña de colaboración establecida noutras cuestións como os convenios asinados coa Consellería e diversos concellos para a dotación de maquinaria de prevención
A Xunta traballará para dispor dun sistema de créditos de carbono de carácter voluntario
Jacobo Aboal manifestou no seu relatorio que a Xunta traballará para dispor dun sistema de créditos de carbono de carácter voluntario que poña o aceno na xestión forestal sustentable e activa (como accións que pancas de carbono adicional)
A Xunta presenta unha guía técnica de solucións innovadoras en madeira estrutural na arquitectura galega actual co gallo de impulsar a industria forestal
A publicación ten como obxectivo dar a coñecer as posibilidades da construción con madeira estrutural e as súas calidades, co fin de promover unha maior demanda destes produtos e xerar a implantación de máis industria local neste campo