Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 754 novas da área temática Benestar:

07/07/2023 | 15:40 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García afirma que as residencias de maiores comezan unha nova etapa tras levantarse as últimas restricións pola pandemia

Sinala o novo modelo de coidados como a folla de ruta para a mellora do sistema de coidados que pasará por crear centros máis tecnolóxicos, máis parecidos a un fogar, máis coordinados a nivel sociosanitario e con espazos máis reducidos e privados

07/07/2023 | 12:44 | C. do Medio Rural

A Xunta actualiza a listaxe de parroquias onde realizar tratamentos fitosanitarios obrigatorios para loitar contra a Flavescencia dourada da vide

Nos últimos días detectouse a presenza do insecto vector nas trampas colocadas para o seu seguimento en parroquias de diversos concellos, polo que é preciso actualizar as zonas nas que é obrigatorio a realización de tratamentos insecticidas nas parcelas de viñedo

07/07/2023 | 11:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia apoia no Comité Europeo das Rexións a mellora do tratamento de augas residuais urbanas e solicita un apoio financeiro suficiente e sostible

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na comisión plenaria na que se debateu sobre o Marco Financeiro Plurianual e o plan industrial do Pacto Verde

06/07/2023 | 10:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Academia Galega de Seguridade Pública reúne expertos xuristas e economistas de distintos países para abordar a prevención e represión do branqueo de diñeiro

Os directores xerais de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e de Xustiza, José Tronchoni, abriron a novena edición do congreso, centrada no mundo dixital e nas reformas de 2021

05/07/2023 | 18:46 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta avoga polo traballo conxunto coas entidades para impulsar a autonomía das persoas con discapacidade

A directora xeral Begoña Abeijón mantivo esta tarde reunións coa Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace) e Down Galicia

05/07/2023 | 18:07 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que a Xunta ampliou a vixencia dos certificados de familia monoparental ata os dous anos

A Xunta ten impulsado nos últimos anos medidas para achegar máis beneficios a este tipo de familias que teñen o recoñecemento de familias de especial consideración

05/07/2023 | 15:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a acollida do Programa Piloto para o fomento da empregabilidade de persoas vulnerables desenvolvido en coordinación con EAPN Galicia

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social par-ticipou no seminario Claves para a inclusión sociolaboral e o emprego digno das per-soas vulnerables, organizado pola Rede Europea contra a Pobreza e a Exclusión So-cial