Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 14.980 novas da área temática Áreas temáticas:

10/07/2024 | 14:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O rap feminista en galego de Flow do Toxo e a psicodelia pop de Naked Family soben esta semana ao escenario de ‘Atardecer no Gaiás’

As rapeiras do Condado actuarán mañá na Cidade da Cultura ás 21,00 horas e o venres será a quenda para os ritmos hipnóticos da banda madrileña

10/07/2024 | 14:02 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

A Xunta apoia un ano máis o Atlantic Fest para reforzar a Marca Galicia a través dos festivais

O director de Turismo de Galicia salienta que, “suma atractivos turísticos a Vilagarcía de Arousa e ao Salnés” e resalta o compromiso do Goberno autonómico con este destino como demostra, dixo, o centro de recepción de visitantes náuticos que vén de autorizar

10/07/2024 | 13:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Martina Aneiros destaca o traballo da Xunta a prol da conservación e recuperación da píllara das dunas

A acción enmárcase dentro do programa de incubación artificial de ovos e cría de polos non voandeiros que desenvolve a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela

10/07/2024 | 13:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a construción de 40 vivendas de promoción pública no barrio coruñés de Xuxán, nas que investirá 7,7 M€

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, destacou a aposta do Goberno galego para facilitar o acceso da cidadanía á vivenda e subliñou que en Xuxán están construídas, ou en tramitación, 144 vivendas de promoción pública en solo da Xunta

10/07/2024 | 13:18 | C. do Mar

A Xunta e Agalcari asinan un convenio para impulsar a promoción do patrimonio marítimo galego e o fomento da carpintería de Ribeira

O acordo con esta entidade financia as actuacións previstas ata o 30 de novembro do 2024 consistentes na dinamización e promoción da recuperación do patrimonio marítimo flotante

10/07/2024 | 12:59 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Política Social e Igualdade

Belén do Campo informa a Afaco da renovación do convenio para manter o seu centro terapéutico en Salvador de Madariaga durante catro anos máis

A delegada lembrou que esta entidade conta, este ano, con apoios da Consellería de Política Social e Igualdade para financiar as prazas de atención diúrna e para contratar mulleres que sofren violencia de xénero e cunha axuda da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para a contratación de traballadores desempregados

10/07/2024 | 12:45 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta a aceleradora de proxectos ‘Xerme Ecommerce’ con 23 iniciativas elixidas para dinamizar a economía potenciando o comercio electrónico

José González sinalou que as novas tecnoloxías marcan novos retos cada día, pero tamén inmensas posibilidades de crecemento, como o programa formativo que se pon en marcha por vez primeira da man do Clúster do Ecommerce Galego