Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.194 novas:

15/07/2024 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta impulsará a competitividade dos parques empresariais de Coirós e Oleiros cun investimento conxunto de máis de 200.000€

Estas axudas van dirixidas a mellorar as infraestruturas dos parques empresariais de Galicia

15/07/2024 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,7 M€ as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas ao seu paso por 8 concellos da provincia da Coruña

A Xunta adxudicou por máis de 1.760.000 euros as obras de mellora do firme en 5 estradas autonómicas

15/07/2024 | 12:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

A Xunta e o Goberno central coordínanse para previr os incendios forestais e loitar contra a actividade delituosa incendiaria

O obxectivo desta reunión, que se celebra todos os anos no marco da campaña de alto risco, é o deseño de actuacións conxuntas entre a Xunta, o Goberno central e a Administración local en materia de prevención e loita contra os lumes forestais

15/07/2024 | 11:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca as axudas para incentivar proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas galegas

A convocatoria conta cun orzamento de 7,5M€, financiado con fondos comunitarios do programa operativo Feder-Galicia 2021-2027, e a previsión é chegar a mobilizar ata 30M€ de investimento público-privado

15/07/2024 | 10:55 | C. de Facenda e Administración Pública

O DOG publica hoxe a orde de actualización das retribucións que recolle o incremento salarial do 2%

O Goberno galego fará efectiva no mes de xullo a suba prevista no acordo salarial entre o Goberno central e os sindicatos, que tardou seis meses en ser autorizado

15/07/2024 | 10:44 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca a aposta pola formación e o apoio ás entidades galegas no exterior para seguir fortalecendo os lazos de unión coa diáspora

Na presente edición desta iniciativa, un total de 72 profesores e profesoras procedentes de oito países que imparten docencia en centros galegos do exterior recibiron formación especializada e cualificada no ámbito técnico e didáctico

15/07/2024 | 10:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a atención ás vítimas de violencia ou agresión sexual a través da colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Medicina Legal de Galicia

Os procedementos previstos incidirán na garantía da cadea de custodia na recollida de mostras e outras evidencias que poidan contribuír á acreditación das violencias sexuais

15/07/2024 | 10:13 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 55 persoas por 45 accidentes de tráfico durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 12 de xulllo ata as 23,59 horas do domingo, 14 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 59 chamadas por accidentes de tráfico

14/07/2024 | 10:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CIFP Politécnico de Santiago e o CIFP As Mercedes de Lugo participan nos dous mellores proxectos de innovación e investigación aplicada á FP de España

Son as dúas iniciativas con maior puntuación entre as 257 que obteñen axudas para o seu desenvolvemento