Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

10/09/2023 | 10:01 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa no homenaxe con motivo do 20º aniversario da posta en marcha da Aquae Querquennae – vía nova en Bande

O director de Turismo de Galicia puxo en valor os enormes recursos culturais, patrimoniais e turísticos que fan de Bande e, en concreto do espazo de Porto Quintela, un tesouro único en Galicia.

08/09/2023 | 14:46 | Axencia de Turismo de Galicia

A campaña dos trens turísticos de Galicia acada unha mención especial nos premios internacionais “Rail Tourism Awards”

O recoñecemento entregarase o vindeiro 3 de outubro no Festival Mundial do Pasaxeiro que se celebra en Viena

07/09/2023 | 20:31 | Axencia de Turismo de Galicia

A Casa de Galicia en Madrid acolle a presentación da nova edición do programa Outono Gastronómico no turismo rural

Un total de 79 establecementos turísticos das catro provincias participan na iniciativa desestacionalizadora, que se celebrará entre o 15 de setembro e o 17 de decembro

06/09/2023 | 14:26 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta defende o modelo turístico galego actual como un paradigma de éxito que permitiu poñer a Galicia de moda

O director de Turismo de Galicia compareceu no Parlamento poñendo en valor os resultados acadados e avanzando que a Xunta traballa xa na seguinte folla de ruta para o turismo galegos nos vindeiros anos.

05/09/2023 | 15:19 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta unha nova edición do programa 'Outono Gastronómico' con 79 casas rurais adheridas

Baiona acolleu a presentación da 17ª edición deste programa turístico que oferta menús especiais que combina gastronomía galega e estadías en aloxamentos de turismo rural.

04/09/2023 | 15:02 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta inviste máis de 1,5 M€ no Salnés en axudas para mellorar as infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento

O delegado territorial visitou o Hotel Puente de la Toja, que recibiu máis de 33.700 euros para mellorar as súas instalacións

04/09/2023 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 11 ofertas para a demolición do hotel de Doentes, necesaria para executar o novo anel perimetral que bordeará o Hospital Público da Coruña

Os traballos, licitados por 1,4 M€ e un prazo de execución de 7 meses, teñen como obxectivo o derribo do actual edificio que ten 7.691 m2 divididos en 10 andares

30/08/2023 | 14:05 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca a relevancia das Meninas de Canido que se converteu nun dos produtos máis orixinais e senlleiros dos que se ofertan nas cidades galegas

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, acompañado da delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros participaron na presentación

30/08/2023 | 13:40 | Axencia de Turismo de Galicia

Da comezo en Foz e Viveiro a andaina do autobús da campaña Outono gastronómico 2023 que percorrerá as principais praias da costa galega ata o 5 de setembro

No autobús haberá un xogo de ruleta dixital que permite interaccionar co público, facilitando cada día dous premios de fin de semana Outono Gastronómico e 1.800 plantas de carballo autóctono