Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

06/06/2023 | 11:21 | C. de Emprego, Comercio e Emigración
05/06/2023 | 12:55 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración
03/06/2023 | 15:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta despide unha nova promoción do programa Impulsa que permitiu formar 100 mulleres en liderado para axudalas na súa proxección profesional

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, clausurou hoxe esta inIciativa que promove a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para mellorar a empregabilidade das mulleres galegas e orientalas cara a sectores emerxentes

03/06/2023 | 14:35 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Lorenzana louva o traballo “altruísta e xeneroso” das asociacións de viúvas no seu 46º Congreso rexional

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade participou en Baiona na xuntanza anual destas mulleres e brindou o apoio da Xunta para dotalas de recursos que lles permitan acadar unha vida digna e autónoma

02/06/2023 | 10:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

As mulleres sometidas a explotación sexual xa poden acceder ás axudas mensuais de ata 800 euros que A Xunta ofrece a todas as vítimas da violencia de xénero

O Diario Oficial de Galicia difunde hoxe a modificación da convocatoria da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade que mantén o seu prazo aberto todo o ano

31/05/2023 | 12:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza o papel da muller como dinamizadora das contornas rurais e artífice do seu crecemento

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, e o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, participaron hoxe nunha xornada organizada por Leite Río en Oleiros para impulsar a coraxe da muller rural
 

31/05/2023 | 11:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración

As axudas da Xunta para financiar os CIM e para que os concellos promovan medidas de conciliación e contra a violencia de xénero poden solicitarse ata o 8 de xuño

O delegado da Xunta e a secretaria xeral da Igualdade informaron hoxe na Coruña destes apoios a través dos que o Goberno galego inviste este ano 9,3 M€

26/05/2023 | 15:01 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Lei de igualdade situará Galicia á vangarda dunha nova cultura laboral co foco posto na protección da muller fronte aos contidos sexistas no medio dixital

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe en Pontevedra o V Congreso Márketing Dixital -Flúor organizado polo Clúster da Comunicación de Galicia

Destacou a importancia de facer márketing con perspectiva de xénero para lograr unha trasnformación social adaptada ás novas realidades

26/05/2023 | 11:33 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta colabora no impulso dun campus virtual transfronteirizo de formación en materia de igualdade laboral que quere implicar ás empresas

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe na presentación do círculo de traballo ‘Capitaliza’ do proxecto Gemcat de xeración de emprego de calidade entre Galicia e o Norte de Portugal liderado pola Xunta de Galicia