Actualidade
Buscador de novas
O Diario Oficial de Galicia publica a convocatoria de unidades formativas que prevén cualificar máis de 3.000 persoas desempregadas
A Xunta de Galicia destina 8 millóns de euros ao financiamento destas actividades que inclúen un compromiso de contratación de polo menos o 40% dos participantes
A Xunta destina máis de 9 M€ á internacionalización de pemes e autónomos galegos contribuíndo á diversificación de novos mercados
O Goberno galego abre unha nova convocatoria dos programas Galicia Exporta Empresas, Organismos Intermedios e Dixital na procura de incentivar a realización de accións de promoción exterior que xeren vantaxes competitivas na proxección e o posicionamento do tecido produtivo galego nos mercados internacionais
Arias visita as instalacións da empresa Oviganic Ibérica en Monforte, que dá emprego a preto dun centenar de traballadores
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, informou que o DOG publica hoxe a convocatoria de axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios á que destina 30M€
A Xunta busca reforzar e impulsar os programas de acceso ao emprego dos galegos retornados
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral de Emigración analizaron nunha reunión os programas desenvolvidos no ano 2023, tanto de apoio ao emprendemento como de acompañamento na busca de emprego por conta allea
Galicia pechou o ano con menos de 130.000 persoas en paro por primeira vez desde 1996
A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, destacou o bo comportamento entre os desempregados menores de 30 e as mulleres coas mellores cifras para un decembro desde que se levan rexistros
O DOG publica unha ampliación de crédito de 2,1 M€ nas axudas para financiar os 3.500 postos laborais dos 130 centros especiais de emprego de Galicia
Con este incremento, aténdense o 100% das solicitudes das axudas deste programa da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade con que se promove a creación, ampliación, mantemento e adaptación dos postos de traballo nos Centros Especiais de Emprego (CEE) rexistrados
A Xunta inicia o programa ‘Lideramos’ con 150 participantes en toda Galicia para impulsar o talento feminino e a formación en xestión de equipos
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou en Pontevedra no arranque deste programa, no marco do que se organizarán obradoiros e clases maxistrais, así como sesións de networking ou titorizacións individualizadas
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade reúnese co alcalde do Porriño para avanzar na formación axustada á demanda do tecido empresarial
Rivo sinala a importancia da colaboración institucional para seguir a mellorar os servizos que se ofrecen ás persoas demandantes de emprego
O DOG publica mañá a ampliación ata os 10 M€ do investimento para a contratación de 520 persoas desempregadas en entidades sen ánimo de lucro
A actuación de cooperación vai dirixida a crear emprego polas entidades de iniciativa social que traballan cos colectivos con máis dificultades para a súa inserción laboral
Últimos días para que mulleres das provincias de Lugo e Ourense se inscriban no programa ‘Lideramos’ co que a Xunta impulsa a formación en xestión de equipos
Un cento de mulleres das catro provincias poderán participar en obradoiros e clases maxistrais, en sesións de networking e formación presencial