Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 754 novas da área temática Benestar:

13/07/2023 | 12:00 | C. de Facenda e Administración Pública

Os fogares galegos aforraron máis de 216 M€ en 2022 polas baixadas fiscais da Xunta en sucesións e transmisións patrimoniais

A directora da Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) compareceu hoxe na Comisión 3ª do Parlamento para explicar a Memoria de actividade do seu organismo correspondente ao ano 2022

12/07/2023 | 14:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola cooperación e a agrupación de municipios para a prestación de servizos de calidade nos concellos de menor poboación

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, participou hoxe na inauguración do V Congreso Red Localis e nunha mesa redonda posterior sobre a proposta dun Estatuto básico dos municipios de menor poboación ou en risco de despoboamento que podería supoñer un réxime especial para 278 concellos

12/07/2023 | 11:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca o potencial de Galicia como referente na organización de eventos deportivos relacionados co salvamento e o socorrismo

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu hoxe á última das xornadas do XXXV Campionato de España de Verán de Salvamento e Socorrismo nas categorías xuvenil e júnior na praia do Orzán

11/07/2023 | 14:57 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aposta pola colaboración coas entidades para avanzar na integración das persoas con parálise celebral

A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá as instalacións de Apamp e mantivo un encontro con membros de Aspace

11/07/2023 | 12:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

A Xunta contribúe con 140.000 euros a apoiar á asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra na asistencia a pacientes con trastornos adictivos

A entidade resultou beneficiaria dunha achega da Consellería de Sanidade de preto de 6.500 euros para financiar un programa de reinserción laboral

10/07/2023 | 13:53 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia a publicación no Diario Oficial de Galicia da orde de axudas a entidades de inclusión social, dotada con 19,7 millóns de euros

Trasladou o apoio do Executivo autonómico para garantir a viabilidade dos proxectos das entidades e para apostar por novas iniciativas e axudas

10/07/2023 | 12:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta renova o seu compromiso coa prevención, información e asesoramento á cidadanía sobre o xogo responsable

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes asinou hoxe os convenios de colaboración coa Asociación Gallega de Ludópatas en Rehabilitación e coa Asociación Gallega de Jugadores Anónimos

08/07/2023 | 10:51 | C. de Facenda e Administración Pública

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica e Cruz Vermella achegan a tecnoloxía ás persoas maiores con talleres itinerantes

Poñen en marcha o “Enredando Tour”, que percorrerá 20 localidades galegas, entre xullo e setembro, con talleres lúdicos de capacitación para reducir a fenda dixital

08/07/2023 | 10:01 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta amplía o orzamento que destina á Tarxeta Benvida para atender a todas as peticións

A partida económica deste programa pasa a ser de 35 millóns de euros