Actualidade
Buscador de novas
Román Rodríguez afirma que o compromiso de alumnos e docentes coa innovación “son o mellor exemplo de aposta pola igualdade e a inclusión nas aulas”
O conselleiro de Educación preside o acto de entrega dos premios Innovagal aos 20 centros e dez profesores gañadores das tres edicións
A Xunta impulsa axudas de ata 5000 euros a través de iniciativa Xove para que a xuventude materialice os seus proxectos
Máis de 8.000 mozos beneficiáronse deste programa desde a súa posta en marcha, impulsáronse máis de 1600 programas e investíronse 6,7 millóns de euros
A Xunta aproba máis de mil subvencións por importe de 37,5 M€ para plans de mellora, a creación de pequenas explotacións e a incorporación de mozos á actividade agrogandeira
O Diario Oficial de Galicia publicou a resolución das axudas da Consellería do Medio Rural correspondentes á convocatoria de 2022, concedidas a 353 mozos, a 485 persoas para investir nas súas empresas agrarias e a 166 titulares de pequenas explotacións
A Xunta apoia a recuperación de oficios tradicionais como oportunidade para a mocidade a través da Fundación Eduardo Pondal
O obxectivo é impulsar novas iniciativas de emprendemento, para o que as mozas e mozos contan coa experiencia de persoas maiores
O programa de ocio educativo ‘Día da Xuventude’ da Xunta celebra a súa quinta xornada en Cee mañá
A xornada contará con xogos como tiro con arco, fútbol burbulla ou futbolín humano e con obradoiros de empregabilidade, de igualdade de xénero, de sensibilización medioambiental, de gastronomía saudable e de lecer educativo entre outros
A Xunta vén de investir 364.000 euros na execución de diferentes melloras no complexo xuvenil Lug
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, destacan a instalación dun ascensor no LUG I e o pintado das fachadas dos dous edificios
A Xunta asina un convenio con Gadis para incrementar as vantaxes da xuventude a través do Carné Xove
Os mozos de entre 18 e 30 anos poderán optar a sorteos mensuais de vales de compra por valor de 300 euros, teléfonos móbiles ou estadías en aloxamentos, entre outros
A Xunta consolida a rede autonómica de atención temperá cunha nova orde de axudas que atenderá a máis de 5.000 nenos de toda Galicia
Esta nova orde, dotada con 12 millóns de euros, terá carácter plurianual para darlle aos concellos máis facilidades para a súa posta en marcha
A exposición ‘Xuventude Crea, máis dunha década’ da Xunta remata con máis de 35.000 visitas recollidas e un coloquio final
O centro Mans da Fundación Paideia é a última localización desta exhibición itinerante que recalou en 11 localidades galegas