Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.291 novas da área temática Sanidade:

01/03/2024 | 14:31 | C. de Sanidade

Directivos do Sergas explican aos seus homólogos valencianos os últimos avances tecnolóxicos postos en marcha pola sanidade pública galega

Na reunión bilateral, os representantes valencianos amosaron o seu interese polo modelo de Atención domiciliaria galego e o sistema de Xestión Integral da Demanda en Equipo (XIDE), entre outros

01/03/2024 | 13:48 | C. de Sanidade
01/03/2024 | 11:38 | C. de Sanidade

Comesaña destaca o papel clave do persoal de enfermería na detección das necesidades dos pacientes

O conselleiro de Sanidade remarca que tanto en atención primaria como en hospitalaria, o persoal de enfermería leva a cabo un traballo destacado de coordinación que facilita a continuidade asistencial dos doentes entre os dous ámbitos

29/02/2024 | 17:34 | C. de Sanidade

A Xunta financia o desprazamento e aloxamento dos pacientes con enfermidades raras e dos seus familiares cando reciben tratamento fóra de Galicia

O Goberno galego destaca a aposta polo modelo asistencial baseado nas unidades funcionais multidisciplinares de Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela

29/02/2024 | 17:05 | C. de Sanidade

Comesaña destaca a importancia da imaxe cardíaca na investigación das enfermidades cardiovasculares e os investimentos do Sergas en equipamento diagnóstico

O conselleiro de Sanidade en funcións puxo en valor o investimento realizado pola Xunta en equipamento, co obxectivo de mellorar a prestación asistencial dos pacientes que sofren estas doenzas, e que supera os 49 millóns de euros

28/02/2024 | 12:04 | C. de Sanidade
28/02/2024 | 10:33 | C. de Sanidade

A Xunta asina con Alborada e Asvidal convenios para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias adictivas

A Xunta aprobou recentemente convenios de colaboración entre o Sergas e nove entidades sen ánimo de lucro para a asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos, até acadar os 7.764.100 €

27/02/2024 | 13:02 | C. de Sanidade

Os universitarios galegos realizan 2.234 doazóns de sangue durante a primeira fase da campaña universitaria promovida por ADOS

A segunda fase da campaña comeza o martes 27 de febreiro e durará ata mediados de abril

27/02/2024 | 12:45 | C. de Sanidade

Galicia participa no proxecto transfronteirizo Innov4life para a validación de solucións innovadoras dixitais no eido da saúde

Cunha dotación de 1,5 millóns de euros, e unha duración de tres anos, o programa establecerá un LivingLab con instalacións na cidade de Vigo e na Santa Casa dá Misericórdia de Riba de Ave (Portugal)

27/02/2024 | 11:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Reguera visita a Asociación Rexurdir e destaca os 12 M€ que Xunta e Fegamp investirán na asistencia de pacientes con trastornos aditivos en toda Galicia

A Asociación Rexurdir Provincial de Pontevedra vén de asinar co Servizo Galego de Saúde un convenio por valor de 27.000 euros para o seu programa de atención xurídico social