Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

24/10/2023 | 20:46 | C. do Mar

A Xunta amosa aos profesionais do marisqueo de Noia e da Ría de Arousa a súa disposición a financiar unha parada temporal da súa actividade

Alfonso Villares sinala que para o Executivo galego é fundamental que este sector funcione e que, en anos atípicos como é o presente, haberá que tomar decisións pero sempre de forma dialogada e en base ao coñecemento

24/10/2023 | 12:14 | C. do Mar

A Xunta ve imprescindible o diálogo entre sector pesqueiro, a sociedade civil e a ciencia para contribuír a acadar avances na xestión sustentable dos mares

Os grupos que forman o Consello Consultivo das Augas Occidentais, integrados nun 60 % por profesionais da pesca e nun 40 % por colectivos sociais, elevarán ditames sobre temas que van do Plan de Acción de Bruxelas ás propostas de cotas para 2024

21/10/2023 | 19:40 | C. do Mar; C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta enxalza a profesionalización e o papel trascendental das redeiras no sector pesqueiro e a súa contribución no conxunto da cadea mar industria

Alfonso Villares felicitou ao colectivo por lograr unha reivindicación histórica na mellora das condicións de xubilación na que contaron co apoio do Executivo galego

20/10/2023 | 21:51 | C. do Mar

A Xunta aborda co sector miticultor o posible adianto da campaña de extracción da mexilla sempre que os informes científicos avalen que se pode dar este paso

Alfonso Villares destaca o coñecemento que xurde de centros de investigación de referencia a nivel europeo como o CIMA ou o Intecmar, que aportan unha base sólida para a toma de decisións que optimicen a xestión dos recursos pesqueiros

20/10/2023 | 15:56 | C. do Mar

A Xunta aposta polo investimento en investigación mariña incrementando a financiamento de Redemar nun 40% no proxecto de orzamentos 2024

O conselleiro do Mar destacou que nas contas públicas autonómicas para o ano que ven se recolle un incremento do 50% na financiación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica

20/10/2023 | 12:53 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

A Xunta reprocha ao Goberno central que en Galicia só autorice prórrogas de concesións ás que está obrigado

Ángeles Vázquez advirte de que desde 2018 non houbo ningunha nova concesión no dominio público marítimo-terrestre e nin sequera reposicións de servizos mínimos