Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

24/11/2023 | 15:05 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e a USC colaborarán na execución de actuacións para a cría e reprodución fóra do seu hábitat de especies ameazadas como o mexillón de río

Ángeles Vázquez salienta que o obxectivo principal é contribuír a mellorar o estado de conservación das especies de náiades máis sensibles presentes nos ríos galegos

22/11/2023 | 15:14 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta recoñece a aposta dos concellos de Burela e Mondoñedo polas boas prácticas ambientais coa entrega de sendas bandeiras verdes

O director do Instituto de Estudos do Territorio fixo entrega destes distintivos, que no caso de Burela recibe por primeira vez e no de Mondoñedo, por terceira

22/11/2023 | 14:15 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia amplía ata 157 a rede de estacións para rexistrar e prever as incidencias meteorolóxicas

Estas instalacións permiten medir parámetros como a temperatura, humidade relativa, precipitacións, vento, radiación solar, presión, etc.

22/11/2023 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. de Economía e Industria

Trenor destaca o investimento de máis de 614.000€ nos concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte para a mellora do seu medio natural a través do fondo de compensación ambiental

Estes apoios contaron con dúas liñas, unha dirixida a concellos nos que haxa parques eólicos e outra a todos os concellos e a mancomunidades ou consorcios locais de Galicia
 

22/11/2023 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Ortigueira cunha axuda de case 163.000 euros para a adquisición dun vehículo multiservizos entre outros investimentos

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, comprobou a nova adquisición para a prestación de servizos municipais

21/11/2023 | 19:33 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Mar

Galicia defenderá ante o Tribunal Constitucional que ten competencias plenas para ordenar o seu litoral

A Xunta velará polos intereses das empresas e cidadáns con instalacións na liña de costa fronte a un Goberno central que obviou cuestións do informe do Consello de Estado que chocaban co seu obxectivo de eliminar todo vestixio humano do litoral

21/11/2023 | 17:00 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia reclama ao Estado que revise as sancións da nova Lei de benestar animal por desproporcionadas e para harmonizalas co resto da normativa sectorial

Belén do Campo avisa de que coa norma estatal ter un animal de compañía sen microchip se persegue con 10.000 € mentres que a multa por non contar coa licencia preceptiva para a tenza dun can potencialmente perigoso mantense en 2.400 €

21/11/2023 | 16:43 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia acollerá en decembro a xornada de lanzamento do proxecto europeo Green Gap para o desenvolvemento de infraestruturas verdes a nivel local

A finalidade do desenvolvemento dunha infraestrutura verde é a creación dunha rede de espazos e elementos que melloren a resiliencia ante o cambio climático, contribúan á conservación da biodiversidade e beneficien ás poboacións da contorna

17/11/2023 | 12:55 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta concede axudas por máis de 2,2 M€ para axudar ás entidades locais na mellora da recollida de residuos municipais

As axudas teñen como obxectivo impulsar a economía circular no eido local e avanzar cara ao cumprimento dos obxectivos comunitarios na materia