Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 861 novas da área temática Economía:

24/10/2023 | 14:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta busca no mercado novas solucións para contribuír a mellorar os servizos públicos mediante tecnoloxías baseadas en vehículos non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, presentou esta mañá ante un cento de empresas e centros de coñecemento unha Consulta Preliminar ao Mercado neste eido

24/10/2023 | 12:28 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O orzamento de Promoción do Emprego e Igualdade para 2024 incrementa nun 3 % o investimento para a economía social que acadará os 43,6 millóns de euros

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou hoxe na apertura da xornada Novas ferramentas de Saves para o cooperativismo galego

24/10/2023 | 11:21 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o papel do Consello Económico e Social de Galicia como ponte e foro de “escoita, diagnóstico e asesoramento” entre a Xunta e a realidade galega

Eloxia a ampla traxectoria política e a experiencia vencellada co eido laboral de Manuel Pérez, do que dá por seguro que fará un “magnífico labor”

23/10/2023 | 15:10 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda salienta o carácter emprendedor das empresas galegas como gran expoñente do selo Galicia Calidade no exterior

Indica que esta certificación é boa para as marcas que, despois dun proceso de selección rigoroso, “poden levala por todo o mundo e que se vexa do que somos capaces de facer”

23/10/2023 | 14:04 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta que o proxecto de Greenalia e P2-x en Curtis posiciona a Galicia a nivel europeo

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, participou na presentación da iniciativa, que se centrará na produción de e-fuel e suporá 200 millóns de euros de investimento na súa primeira fase
 

21/10/2023 | 10:31 | C. de Economía e Industria

O luns abre o prazo de solicitude da nova liña de axudas para pemes e autónomos dirixida a neutralizar a suba de tipos de xuro

Destínanse preto de 2M € para a subvención de ata 3,5 puntos nos tipos de xuro das operacións

20/10/2023 | 22:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta ve na Coruña o corazón do sector TIC en Galicia

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, asistiu á XXVII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

20/10/2023 | 14:20 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

O titular do Goberno galego destaca a contribución da Cidade das TIC para a especialización de Galicia nas tecnoloxías emerxentes

Salienta a súa aportación para desenvolver tecidos empresariais máis competitivos e impulsar a dixitalización na comunidade
 

19/10/2023 | 15:00 | C. de Economía e Industria

Lorenzana salienta unha suba nos Orzamentos da Xunta para acelerar a tramitación administrativa dos proxectos industriais, reforzar o financiamento e impulsar a innovación

Adianta que os Orzamentos para o vindeiro ano da Consellería de Economía, Industria e Innovación soben por riba da media, ata acadar máis de 430 millóns de euros