Actualidade
Buscador de novas
A Xunta executou xa máis do 77 % do programa de desenvolvemento rural de Galicia e situáse cinco puntos por riba da media nacional
José González subliñou tamén que a nosa comunidade ocupa a primeira posición, canto ao grao de aplicación deste programa, dentro das cinco autonomías que máis fondos xestionan en España
A Xunta pagará a partir de mañá outros 96 M€ das axudas da Política Agraria Común aos agricultores e gandeiros galegos
Este pagamento súmase aos xa realizados en outubro e novembro pasados, correspondentes ao anticipo destas achegas, por importe de preto de 44 millóns
A Xunta remata a parcelaria de Cores-Nemeño, no concello coruñés de Ponteceso, tras reorganizar unha superficie de 303,17 hectáreas
José González resaltou que esta actuación supuxo un investimento de 1,6 millóns de euros e permitiu pasar de máis de 2.500 parcelas a 863 fincas, triplicando o tamaño medio dos predios, ao pasar de 1.090 metros cadrados a preto de 3.360
A Xunta destinará en 2024 máis de 2 M€ ao convenio de colaboración cos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural
Estas axudas, enmarcadas no programa Leader, financian proxectos de formación, animación e promoción territorial en diferentes comunidades rurais
A Xunta defende as permutas como sistema útil para a mobilización voluntaria de terra en zonas con intensa actividade agrogandeira e alto coñecemento da propiedade
Nesta iniciativa de cooperación entre GDR colaboran os da Comarca de Lugo, Pontevedra Norte e Asdecomor, que integra varios concellos do interior da provincia da Coruña
A Xunta achega os produtos agroalimentarios con selo de calidade galego ao CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre
A Axencia Galega de Calidade Alimentaria organiza unha actividade no marco da iniciativa Come Local 2023, que terá lugar o vindeiro 15 de decembro neste centro educativo da localidade coruñesa
A Xunta destinará 44 M€ en 2024 ás partidas de incorporación de mozos ao rural, plans de mellora e instalacións de pequenas explotacións
José González sinalou que estas achegas -incrementadas con máis de 5 millóns respecto ás de 2023- se enmarcan dentro dos 83 millóns de euros incluídos nos orzamentos do vindeiro ano para accións que permitan seguir afondando na remuda xeracional e a competitividade no agro galego
A Xunta estudará as posibilidades para seguir mobilizando e reestruturando terra no concello coruñés de Teo
José González avaliou coa alcaldesa da localidade, Lucía Calvo, as opcións para continuar avanzando na reestruturación de superficie agroforestal e a súa posta en valor
A Xunta insiste en demandar unha reforma fiscal que discrimine de forma positiva aos agricultores, gandeiros e silvicultores como xestores do territorio
José González anunciou que o Goberno galego habilitará o vindeiro ano un servizo de asesoramento fiscal e de organización empresarial aconsellando aos produtores con expertos na materia a mellor fórmula para reducir a súa carga tributaria dentro da lei