Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

21/09/2023 | 16:06 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta inaugura a Mouteira do Camiño de Santiago que estreita lazos entre Galicia e Corea

O responsable da S.A Xacobeo viaxou ata a illa de Jeju para participar na inauguración oficial da mouteira, coa que se devolve a visita feita a Galicia o ano pasado por parte dunha delegación da provincia de Jeju.
 

21/09/2023 | 14:42 | Axencia de Turismo de Galicia; A Presidencia da Xunta

O Bono Turístico #DescubreGaliciaenOutono lánzase en outubro para promover a desestacionalización entre a poboación galega

O presidente da Xunta precisou que terá formato dixital e permitirá facer descontos sobre as actividades turísticas contratadas ata un máximo de 100 € a través dun código QR

20/09/2023 | 16:12 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca o crecente compromiso coa excelencia turística de Terras de Compostela con 17 novas entidades co distintivo de calidade SICTED

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa no acto de entrega destas 17 distincións que recibiron desde aloxamentos de turismo rural, restaurantes, empresas de turismo activo ou de turismo industrial

20/09/2023 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achega case 100.000 euros a 7 restaurantes e aloxamentos da comarca da Coruña para mellorar as súas instalacións

O delegado da Xunta explicou que con estas obras os aloxamentos e restaurantes poden mellorar a súa competitividade e ofrecer un mellor servizo aos seus clientes

19/09/2023 | 14:45 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta inviste preto de 320.000 de euros en axudas na provincia para mellorar as infraestruturas dos establecementos turísticos de restauración

O delegado territorial visitou o restaurante Casa Acuña, en Ons, que recibiu 50.000 euros para mellorar as súas instalacións

19/09/2023 | 14:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta sitúa Vigo como referencia para a promoción do turismo en Galicia e o seu porto como punto de recalada para os cruceiros

A delegada da Xunta en Vigo e o director da Axencia Turismo de Galicia visitaron este martes o village instalado no Paseo das Avenidas con motivo da chegada por primeira vez no mesmo día de cinco cruceiros
 

19/09/2023 | 13:04 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza que máis de 460.000 persoas visitaron as Illas Atlánticas durante a tempada de verán e prevé un novo récord de afluencia este ano

Ángeles Vázquez subliña que entre o 15 de maio e o 15 de setembro os catro arquipélagos rexistraron un 5,1 % máis de visitas que no mesmo período de 2022
 

15/09/2023 | 15:41 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta promociona o turismo náutico en dúas feiras internacionais no Reino Unido e Francia

Galicia estará presente ata finais de mes nos dous principais eventos vencellados co turismo náutico internacional
 

15/09/2023 | 15:10 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta destaca o impulso á desestacionalización do turismo e á promoción internacional que supón o Mundial J80 en Baiona

Desde este domingo e ata o sábado 23 de setembro se disputará en augas das Rías Baixas esta cita mundialista que chega por vez primeira a Galicia

O director de Turismo de Galicia destacou o impacto internacional que supón para Galicia apoiar estes eventos.