Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 783 novas da área temática Medio ambiente:

29/11/2023 | 13:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima ao sector do I+D galego a colaborar na creación de sinerxías para aumentar a resiliencia da comunidade ante o cambio climático

Ángeles Vázquez salienta o compromiso que une á administración e ao tecido produtivo e social no obxectivo común de situar Galicia á cabeza das rexións europeas na loita contra o quecemento global

29/11/2023 | 12:19 | C. de Sanidade

O Sergas acada nove distincións no desafío da saúde polo clima 2023 organizado por Health Care Without Harm

O Servizo Galego de Saúde é recoñecido con medallas de ouro nas categorías de liderado, resiliencia climática e mitigación
 

28/11/2023 | 17:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza na posta en valor da reserva de biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel con máis de 500.000 euros de investimento

Belén do Campo salienta que a maioría de accións previstas ata abril de 2024 xa están completadas ou moi avanzadas como o proxecto para a xestión de bosques de castiñeiros ou a mellora de frondosas, que actúan en 50 hectáreas de superficie

28/11/2023 | 12:23 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta entrega a Bandeira Verde ao concello de Curtis para recoñecer o seu compromiso co medio ambiente e a conservación da paisaxe

O director do Instituto de Estudos do Territorio fixo entrega deste distintivo ao alcalde para poñer en valor accións como a súa estratexia de sostibilidade ambiental ou o plan para instalar luminarias LED en todo o municipio

28/11/2023 | 11:17 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avoga polo diálogo entre administracións, produtores e xestores de residuos para apostar polo ecodeseño e avanzar cara á economía circular

Sagrario Pérez fai fincapé en que Galicia leva anos traballando nesa liña con iniciativas como a Estratexia de cambio climático e enerxía 2050 e a Alianza galega polo clima

27/11/2023 | 14:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A rede de compostaxe doméstica de Sogama superará as 24.000 unidades ao sumar 3.000 novos composteiros

Sogama vén de licitar, por preto de 240.000 euros, a subministración, almacenamento e distribución de novos recipientes

26/11/2023 | 10:16 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Programa Meteoescolas da Xunta formará este curso a máis de 7.300 alumnos no eido da meteoroloxía

O persoal de MeteoGalicia ofreceu unha charla informativa a docentes dos máis de 40 centros participantes e entregou distinto material didáctico, como pluviómetros ou termómetros, para a realización dos traballos

25/11/2023 | 18:47 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reclama ao Goberno central unha partida específica nos orzamentos de 2024 destinada á posta en valor dos xeoparques mundiais

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, xustifica a petición para equiparar o trato que reciben estas áreas protexidas por instrumentos internacionais co das reservas de biosfera, que desde 2022 contaron con fondos europeos para financiar proxectos e actuacións

24/11/2023 | 15:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Galicia avanza na adopción de medidas de protección de especies ameazadas como a píllara das dunas ou o mazarico real

A comunidade continúa traballando neste eido coa posta en marcha de novas actuacións para mellorar o estado de ambas poboacións e incrementar o número de exemplares no medio natural

24/11/2023 | 15:21 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta salienta o compromiso dos 38 concellos recoñecidos cos premios Vilas en flor coa protección paisaxística, ambiental e natural de Galicia

Enrique de Salvador destaca a relevancia de que os concellos pequenos tamén se beneficien da posta en valor das súas paisaxes xa que é un activo fundamental tanto a nivel ambiental como económico xa que é un innegable atractivo turístico