Actualidade
Buscador de novas
As axudas da Xunta desde 6000€ para apoiar a contratación de persoas desempregadas na empresa poden solicitarse a partir do 26 de xaneiro
O programa Galicia Emprega, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), vai dirixido á contratación indefinida da mocidade, persoas paradas de longa duración, persoas emigrantes retornadas, estranxeiros, mulleres, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social e maiores de 52 anos
A Xunta aposta a través do Polo de Coristanco por impulsar as iniciativas de emprendemento no eido da construción sustentable
O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou en Laxe no evento ‘As oportunidades da construción sostible’, no que colabora o Clúster galego de solucións ambientais e economía circular (Viratec)
O DOG publica a convocatoria que eleva ata os 7,13 M€ o orzamento para a contratación de orientadores laborais en concellos e entidades sen ánimo de lucro
Prevese que estas axudas que saen hoxe no Diario Oficial de Galicia -que se poden solicitar desde mañá ata o próximo 19 de febreiro- beneficien preto de 135 municipios e entidades para a contratación ou o mantemento de arredor de 260 técnicos
Rivo sinala o coñecemento, a diversidade de talentos e o potencial emprendedor de Galicia como claves para dar resposta aos retos do mercado laboral
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou nun foro cos socios do Círculo de Empresarios de Galicia
A Xunta presenta o proxecto colaborativo de emprendemento Cociña de ancares terras de burón
A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, loaron o proxecto impulsado polo Polo de emprendemento da Fonsagrada e o GDR Montes e Vales Orientais
O Sergas publica o lugar, data e hora de realización dos exercicios da oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario
Están convocadas 20.515 persoas aspirantes aos exames que se realizarán no Recinto da Feira Internacional de Galicia, en Silleda, os días 3, 4 e 10 de febreiro
A Xunta conciencia sobre os danos que pode causar a manipulación inadecuada dos produtos químicos empregados polos profesionais dos salóns de beleza
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, está a visitar varios negocios e un centro de formación en Ourense para dar a coñecer ao persoal e alumnado medidas de prevención para os tratamentos de cabelo, unllas e pestanas
O DOG convoca axudas para que entidades sen ánimo de lucro desenvolvan proxectos de atención social integral para vítimas de trata e explotación sexual
A Xunta mobilizará 450.000 euros para garantir a atención administrativa e psicolóxica a estas persoas, así como o acompañamento inicial nos chamamentos xudiciais e policiais e accións de rúa para localizar ás vítimas e ofrecerlles os recursos dispoñibles
A Xunta pon en valor as políticas a prol do emprego para o desenvolvemento e a fixación de poboación no rural
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, visitou hoxe o programa de conciliación de Boborás, do que se beneficia alumnado do CEIP Nosa Señora de Xuvencos
A Xunta abre hoxe o prazo de solicitude das axudas para a promoción do emprego autónomo que inclúen a cota cero para as novas altas
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina case 29M€ a financiar os primeiros gastos da actividade dos traballadores por conta propia