Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 861 novas da área temática Economía:

26/10/2023 | 16:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor clausura o III encontro GaliForum organizado pola asociación Cambre Empresarial e a Federación de Autónomos de Galicia

O delegado da Xunta puxo en valor medidas que porá en marcha o Goberno galego para apoiar a este colectivo como a cota cero para os autónomos durante o seu primeiro ano de actividade

26/10/2023 | 15:48 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria
26/10/2023 | 15:31 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca na Coruña as posibilidades que ofrece a intelixencia artificial para mellorar a competitividade empresarial a través da innovación e as novas tecnoloxías

A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na xornada ‘Benvido, futuro: proxectando Galicia’, onde avoga pola colaboración público-privada para avaliar e avanzar nas posibilidades que ofrece a intelixencia artificial para optimizar procesos e mellorar procedementos

26/10/2023 | 12:24 | A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Facenda e Administración Pública

Rueda destaca a cooperación transfronteiriza co norte de Portugal como oportunidade de desenvolvemento para a Comunidade galega

Salienta o impacto decisivo dos fondos europeos para a diversificación da economía galega
 

25/10/2023 | 20:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a nova oficina económica de Galicia servirá de canle única de comunicación coas empresas e industrias para asesoralas e apoialas

Resalta que centralizará á comunicación co tecido produtivo para ofrecer información, acompañamento ou acceso á financiación

25/10/2023 | 15:57 | C. do Mar

A Xunta inviste máis 370.000 euros na renovación do edificio da lonxa de Portocubelo, en Carnota

O titular de Mar informou de que a finalización da obra está prevista para finais do vindeiro mes de novembro

24/10/2023 | 20:05 | C. de Economía e Industria

O traballo de 140 profesionais e empresas do deseño galego está exposto desde hoxe na Porto Design Biennale

A directora da Axencia Galega de Innovación e os alcaldes de Porto e Matosinhos inau-guraron a mostra coa que Galicia representa a España como país convidado desta edi-ción

24/10/2023 | 19:15 | C. de Economía e Industria

Lorenzana preside a mesa para o impulso da actividade económica das Pontes para avanzar na reindustrialización da comarca

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, presidiu a convocatoria á que asistiron as Administracións e axentes económicos e sociais implicados
 

24/10/2023 | 18:55 | C. de Economía e Industria

Lorenzana ofrece o apoio da Xunta para a posta en marcha do novo polígono industrial de Ribeira

A conselleira coñeceu de primeira man as demandas dos empresarios para que o proxecto do futuro parque empresarial de Fontelas-Pedras Vermellas, que abrangue unha superficie de máis de 156.800 m², se vexa materializado

24/10/2023 | 16:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén remarca a responsabilidade social dos Orzamentos 2024 coa veciñanza da provincia de Ourense

O delegado territorial destacou que os “Orzamentos para 2024, os máis altos da historia de Galicia, recollen solucións efectivas á nosa realidade, eminentemente rural, cunha poboación espallada e envellecida, onde as políticas sociais son necesarias e ineludibles”