Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 884 novas da área temática Agricultura e gandería:

15/12/2023 | 15:32 | C. do Medio Rural

A Xunta alleou 44 lotes de madeira por 1,82 millóns de euros na poxa pública electrónica de madeira celebrada na xefatura territorial de Ourense

Os importes acadados manteñen a tendencia dos prezos da madeira de coníferas avanzado en anteriores ocasións, sendo previsible que continúen nestes niveis debido a que esta madeira está sendo moi demandada internacionalmente

15/12/2023 | 14:11 | C. do Medio Rural

A aldea modelo de Infesta será epicentro dun proxecto europeo liderado por Galicia para a xestión sostible do territorio e reducir o risco de incendios, dotado con 1,5 M€

José González salientou a colaboración entre Galicia e Portugal, que tamén participa nesta iniciativa, na loita contra os incendios forestais e no desenvolvemento de estratexias de acción para o futuro

14/12/2023 | 16:12 | C. do Medio Rural

Toda Galicia iniciará a partir de mañá o período libre do vector transmisor da lingua azul

A principal consecuencia é que dende mañá, 15 de decembro, non haberá restricións ao movemento de animais das especies sensibles por esta enfermidade do gando, ata que volva comezar a época do vector

14/12/2023 | 13:10 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 1,4 M€ a apoiar unha vintena de entidades nas súas actividades de información e promoción de produtos agroalimentarios galegos no mercado interior

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se resolven as solicitudes de subvención correspondentes ao cuarto trimestre de 2023

14/12/2023 | 10:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e Abanca prolongan a súa colaboración no patrocinio da Fundación Semana Verde de Galicia ata 2025

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, asinaron esta mañá o acordo

13/12/2023 | 14:06 | C. do Medio Rural

As aldeas modelo da Xunta fixeron posible que Galicia lidere un proxecto europeo para a creación de comunidades enerxéticas baseadas na biomasa

A iniciativa supón a captación de preto de dous millóns de euros de fondos europeos e centrarase -na parte galega- nas aldeas modelo de Parada-Mouteira (Cerdedo-Cotobade) e Infesta (Monterrei)