Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

07/11/2023 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

Martina Aneiros comproba en Fene o desenvolvemento da campaña de extracción de vieira da ría de Ferrol

Un total de 10 barcos das confrarías de Barallobre, Ferrol e Mugardos traballan nesta campaña que se prolongará ata o próximo 16 de novembro

07/11/2023 | 13:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor informa aos representantes da factoría Stolt Sea Farm de Camariñas a renovación da súa concesión ata o 2031 prorrogable ata o 2071

Esta empresa conta con 32 traballadores todos naturais e residentes de Camariñas e Carnota e produce unha media de 1.200 toneladas ao ano de rodaballo e linguado

05/11/2023 | 13:25 | C. do Mar

Galicia pon en valor o seu Observatorio costeiro na décima Conferencia Internacional de Eurogoos, o Sistema europeo de Observación Global dos Océanos

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño participou no encontro celebrado en Galway, Irlanda, e realizou unha presentación feita xunto coa Fundación Cetmar e Meteogalicia sobre os usos e gran potencial da ferramenta galega

04/11/2023 | 17:01 | C. do Mar

A Xunta aborda coas confrarías a necesidade dunha aposta firme pola seguridade no traballo como un dos retos para a pesca e o marisqueo de Galicia

Alfonso Villares pechou cunha mesa redonda un encontro con patróns maiores e responsables dos pósitos onde se trataron obxectivos do sector como o regreso a unha produción sustentable no económico, no social e no ambiental

03/11/2023 | 17:58 | C. do Mar

Pechan os bancos marisqueiros de Noia a petición da confraría e ábrese unha veda por causa de forza maior

A xefatura territorial da Coruña publicou unha resolución pola que modifica o plan de xestión de moluscos bivalvos a pé e en embarcación para o período que acaba en 2023

03/11/2023 | 15:51 | C. do Mar

A Xunta destinará a dinamizar os mercados e a promover o consumo de produtos do mar da maior calidade 42 millóns de euros no ano 2024, un 30% máis

O titular de Mar apostou por reforzar o bo traballo que se está a facer neste eido co obxectivo de que as vantaxes de consumir alimentos mariños de Galicia sexan coñecidas a escala global e as empresas do sector amplíen os seus mercados

02/11/2023 | 17:08 | C. do Mar

A Xunta aposta polas iniciativas de desenvolvemento local participativo destinando 20 millóns de euros nos orzamentos 2024

O conselleiro do Mar destacou que nas contas públicas autonómicas do vindeiro ano se incrementa un 67% o investimento destinado aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP)

02/11/2023 | 14:25 | C. do Mar

O peso mínimo dun quilo para o polbo terá unha marxe de tolerancia de 50 gramos unha vez realizada e rexistrada a pesada no momento do desembarque

Cúmprese coa demanda das organizacións do sector da pesca, que advertían de que durante as fases da cadea de produción e distribución experimenta unha diminución no seu peso alcanzando valores inferiores ao tamaño regulamentario