Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 342 novas da área temática Industria:

17/01/2023 | 14:56 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda valora a aposta de Reny Picot para contribuír a que Galicia transforme no 2025 o 75% do leite producido na Comunidade

Dá a benvida ao grupo empresarial asturiano que aposta por recuperar unhas instalacións que darán pulo á contorna e a toda Galicia: “Aquí empeza un futuro moi prometedor”

17/01/2023 | 10:57 | C. de Economía e Industria

Abre o prazo para participar na segunda edición da aceleradora de internacionalización de pemes Galicia Avanza

A Xunta de Galicia e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) danlle continuidade a este programa, do que se beneficiaron xa 30 empresas no 2022

16/01/2023 | 13:43 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda ratifica o apoio da Xunta ás pemes co investimento de 11 M€ en centros de fabricación avanzada que reforzan a competitividade con infraestruturas compartidas

Referenda o compromiso do Goberno galego cos proxectos estratéxicos previstos para Ferrolterra e demanda ao Goberno central unha aposta clara pola comarca na asignación dos fondos europeos

13/01/2023 | 13:12 | C. de Economía e Industria

Martina Aneiros anima aos Concellos de Ferrol, Eume e Ortegal a solicitar as axudas para a mellora de infraestruturas dos parques empresariais

Na convocatoria de 2022, esta orde de axudas permitiu mobilizar 127.400 euros nos polígonos industrias de Penapurreira (As Pontes) e Vilar do Colo (Fene)

11/01/2023 | 15:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña que o futuro de Alcoa pasa por conseguir un prezo competitivo

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión co comité de empresa de Alcoa para abordar o seu futuro

11/01/2023 | 14:48 | A Presidencia da Xunta

Rueda garante o apoio da Xunta á construción para afrontar a alza de custos e pon en valor a calidade, unidade e a formación como claves para a súa fortaleza

Avanza un “ano decisivo” con “licitacións potentes” en obra pública en Galicia e que condiciona a axilización por parte do Goberno central dos fondos europeos
 

10/01/2023 | 14:06 | C. de Economía e Industria

A Xunta activa unha nova liña de axudas para promover a colaboración empresarial en proxectos que fomenten a dixitalización, a sustentabilidade e unha función loxística máis avanzada

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de obradoiros, que suma 600.000 euros para promover espazos de colaboración co obxectivo de capacitar ás empresas na preparación de proxectos avanzados cara aos principais retos económicos

09/01/2023 | 13:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a contratación de 15 doutorandos industriais para que desenvolvan a súa tese en empresas e centros tecnolóxicos galegos

A Vicepresidencia primeira e consellería de Economía, Industria e Innovación e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades invisten preto de 1,9M€ nesta segunda edición do programa de Doutoramento Industrial

05/01/2023 | 12:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia destinará 2,4 M€ a fomentar a sustentabilidade no sector dos recursos naturais

A Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación convocará cinco liñas de axudas para avanzar na mellora ambiental e laboral, así como para promover a eficiencia enerxética e a certificación das empresas desta industria