Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.053 novas da área temática Emprego:

24/01/2024 | 10:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O Diario Oficial de Galicia convoca axudas por valor de case 15 M€ para a contratación de máis de mil persoas desempregadas en concellos de Galicia en 2024

O DOG publicita hoxe dúas convocatorias: unha primeira, dotada con 7,5M€ para que as entidades locais incorporen 600 persoas en exclusión social e unha segunda, con 7M€, para fomentar o emprego rural coa incorporación de persoas desempregadas
 

23/01/2024 | 17:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo pon en valor as axudas autonómicas ao emprego, aos autónomos e o impulso das microformacións laborais na súa visita ao Polígono de Barreiros

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, realizou un percorrido por varias das firmas radicadas neste recinto situado en San Cibrao das Viñas, acompañada polo presidente da asociación de empresarios, Alejandro Cruz

22/01/2024 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Emprego, Comercio e Emigración
22/01/2024 | 11:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo informa das axudas aos autónomos para apoiar con 9,5m€ a consolidación dos negocios e dar novas oportunidades aos que cesaron a súa actividade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, destacou as bases das convocatorias destes dous programas de apoio que se publican hoxe no DOG na apertura da VI ‘Semana do Emprendemento’ da Escola Profesional Santo Cristo

21/01/2024 | 10:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta colabora coa Fundación Santa María La Real na formación en habilidades dixitais de mulleres en desemprego para reactivar a súa busca de traballo

Galicia é unha das comunidades elixidas para celebrar este programa, que tamén se abre este ano a traballadoras en activo con contratos inferiores á media xornada

20/01/2024 | 15:17 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta suma en cinco días máis de 1.700 solicitudes para optar ás axudas para a promoción do emprego autónomo, que inclúen cota cero para as novas altas

A Administración autonómica mobiliza case 29M€ para financiar as axudas para os profesionais que inician a súa actividade por conta propia

19/01/2024 | 20:04 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta en Lugo o programa Lideramos co que está a cualificar 150 mulleres directivas en Galicia

A secretaria xeral da Igualdade, Sandra Vázquez, acompañada da directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, tomou parte na xornada ‘Ferramentas prácticas para o liderado feminino’

19/01/2024 | 18:26 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta conclúe en colaboración con Cáritas as primeiras formacións no marco do proxecto pioneiro de arraigamento dirixido a persoas migrantes en situación irregular

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, clausurou na Coruña o acto de entrega dos diplomas acreditativos para que estas persoas poidan obter autorización de residencia e de traballo e regularizar a súa situación

19/01/2024 | 13:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta coñece os programas de inserción sociolaboral da entidade Xarela en Ourense

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou esta mañá as súas instalacións

19/01/2024 | 12:50 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rivo clausura os ‘Cafés con aroma a economía social’ organizados por Foroesgal co gallo de tecer redes e de xerar sinerxías entre os integrantes deste modelo empresarial

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, puxo en valor a iniciativa do Foro pola Economía Social Galega, con quen amosou a vontade de seguir colaborando a prol do crecemento deste modelo económico e do emprego inclusivo