Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 988 novas da área temática Educación:

11/02/2024 | 12:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre a convocatoria do plan Eduemprende para fomentar estas habilidades entre o alumnado e facilitarlles a transición ao mundo laboral

Dividido en tres liñas de actuación e 12 programas, diríxese ao alumnado das diferentes etapa educativas

09/02/2024 | 15:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta salienta a diversificada oferta de FP do instituto Castro da Uz, nas Pontes, que este curso reforzará accións formativas para desempregados

A directora xeral de FP visita o centro con motivo da cesión dun aeroxerador por parte da empresa Invenergy Service Huso ao servizo do ciclo dual de Mecatrónica industrial
 

08/02/2024 | 18:20 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor o distintivo de empregabilidade concedido á facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e á Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no acto de entrega dos recoñecementos que outorga a Universidade de Vigo, que tamén lle foi entregado esta mesma semana á Facultade de Dereito do Campus de Ourense

08/02/2024 | 17:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A visita ao Colexio Agrupado Amencer de Ribadavia pecha a xira dunha delegación do Goberno Canario a Galicia para coñecer o modelo de ensino rural

O director xeral de Centros e Recursos Humanos acompaña ao grupo, que na xornada de hoxe tamén visitou o CRA de Vilaboa, en Pontevedra

08/02/2024 | 12:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O DOG oficializa a acreditación do Campus Auga de Ourense como campus especializado en temáticas de auga e alimentación

Convértese no terceiro campus en acadar este recoñecemento, logo do Campus Industrial de Ferrol e do Campus Terra de Lugo

08/02/2024 | 12:44 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca o programa de estadías lingüísticas en primavera con 1.475 prazas para o alumnado galego

O obxectivo é estimular a práctica oral do alumnado de 6º de Primaria a 4º de ESO en lingua inglesa, co apoio de profesorado nativo, e fomentar a convivencia
 

07/02/2024 | 10:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha delegación do Goberno de Canarias visita Galicia para coñecer o seu modelo de ensino rural

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades acompaña ao grupo nunha visita ao CRA de Valga para amosar o seu funcionamento

06/02/2024 | 16:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta subliña a importancia da gratuidade das escolas infantís para poñer en valor a atención educativa de 0 a 3 anos

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, visitou hoxe en Vigo as escolas ‘Relfas’ e ‘Lúa’, a primeira da Xunta e a segunda de iniciativa privada

06/02/2024 | 14:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta aplaude o traballo do alumnado do IES Fernando Blanco de Cee que participa no programa Correspondentes Xuvenís

Unha vintena de mozas e mozos do centro encárganse de informar aos seus compañeiros de actividades, axudas e iniciativas que son do seu interese

06/02/2024 | 13:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A directora xeral de FP visita o Instituto de Pontepedriña, en Santiago, para explorar o impulso da oferta dual neste centro o vindeiro curso

Eugenia Pérez subliña “a grande demanda” dos ciclos vinculados ao ámbito comercial, de xestión de vendas e de loxística, onde este centro é un referente