Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

08/10/2023 | 11:21 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta reforza a promoción turística internacional de Galicia con accións nos mercados europeo, americano e asiático

En colaboración co Consejo Jacobeo, un grupo de turoperadores de Bruselas, Estocolmo, Lisboa, México, Oslo, Sao Paulo, Tailandia, Indonesia, Filipinas e Australia rematan esta fin de semana a súa viaxe a distintos puntos do Camiño de Santiago

07/10/2023 | 10:32 | Axencia de Turismo de Galicia

A aposta da Xunta pola sustentabilidade en Fitur 2023 e os trens turísticos de Galicia, recoñecidos entre as mellores iniciativas no ámbito internacional

O expositor no que o Goberno autonómico promoveu a Comunidade galega en xaneiro na 56ª edición da Feira Internacional de Turismo recibiu esta semana o premio outorgado pola organización e o Instituto de Turismo Responsable

05/10/2023 | 17:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta forma a medio cento de persoas para exercer de guías especializados no Parque Nacional das Illas Atlánticas

Tras superar a fase teórica, os participantes cursaron hoxe o último día de instrución da parte práctica, o paso final para lograr a acreditación necesaria para dar a coñecer os valores deste espazo natural entre os seus visitantes

03/10/2023 | 18:21 | Axencia de Turismo de Galicia

Esta semana comezan as celebracións do irmandamento do camiño xaponés Kan-Non e a Ruta xacobea

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participa hoxe na Embaixada de Xapón no arranque dos actos para conmemorar a alianza entre ambos itinerarios

02/10/2023 | 21:34 | A Presidencia da Xunta

Rueda vincula a implantación da taxa turística en Santiago ao consenso co sector e a que sexa o concello quen a recade

Asegura que ten que ser unha decisión “moi argumentada” e esixe un estudo rigoroso sobre os fluxos turísticos en Santiago que xustifiquen esta decisión

02/10/2023 | 15:52 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia consolida a súa recuperación turística e acada este verán as cifras de demanda máis altas da historia superando os niveis do Xacobeo 21-22

Os datos do Instituto Nacional de Estatística cifran en preto de 5 millóns de noites rexistradas nos establecementos galegos en xullo e agosto, un incremento do 1,5%

29/09/2023 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca o turismo deportivo como piar da economía galega na presentación da Semana Azul que incorpora numerosas actividades ata o 8 de outubro

A delegada territorial da Xunta en Vigo incide en que a Semana Azul "é un instrumento ideal para difundir a nosa relación co mar, unha canle extraordinaria para o intercambio cultural no noso territorio”

29/09/2023 | 14:11 | Axencia de Turismo de Galicia

O programa Contigo no Camiño co que a Cruz Vermella e a Xunta reforzaron este verán a atención aos peregrinos no Camiño francés remata con máis de 700 servizos

Equipos móbiles de profesionais e voluntarios en bicicleta eléctrica realizaron distintas tarefas de atención sanitaria leve e facilitaron información loxística para o percorrido

28/09/2023 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O albergue do Berbés recibe ao seu peregrino 20.000

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, e o director da Axencia Turismo de Galicia, Xosé Merelles, recibiron este xoves ao xaponés Kazuya Miyoshio