Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 599 novas da área temática Pesca:

15/11/2023 | 14:47 | C. do Mar

Cetmar celebra o Día Marítimo Europeo cunha xornada dedicada a difundir o gran potencial da acuicultura

O evento, organizado no marco do proxecto europeo AquaVitae, tivo lugar durante a mañá na sede do Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo e incluíu diversas charlas de expertos sobre a actividade acuícola

14/11/2023 | 15:18 | C. do Mar

A Xunta destina 18,4 millóns de euros a axudas para proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro ata o 2025

Este ano realizouse a primeira convocatoria con cargo ao Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (Fempa) cun orzamento para a primeira anualidade de 8 millóns de euros e na que se recibiron 139 solicitudes

14/11/2023 | 13:30 | C. do Mar

Vigo contará cunha das sete oficinas de atención presencial repartidas polo litoral galego que asesorarán a beneficiarios das axudas do novo FEMPA

O Diario Oficial da Unión Europea recolle hoxe a licitación que aparece tamén desde esta mesma xornada na plataforma de contratos públicos da Xunta

14/11/2023 | 12:28 | C. do Mar

O Servizo de Gardacostas comisa preto de 25.000 quilos de quenlla conxelada nun almacén frigorífico de Vigo

Este peixe incautado, entre o que se atopaban aletas cortadas, foi capturado de forma ilegal por un buque con bandeira angoleña que está inactivo nas listas da ICCAT

13/11/2023 | 16:30 | C. do Mar

A Xunta aposta por mellorar a seguridade no mar reforzando os medios marítimos e aéreos do servizo de Gardacostas sen o apoio do Goberno central

O conselleiro visitou na localidade lucense o Augusta AW-139 que substituíu ao Sikorsky S-76 que viña prestando o servizo ata o pasado 1 de novembro coa entrada en vigor do novo contrato

11/11/2023 | 13:25 | C. do Mar

A Xunta destaca a importancia das carpintarías de ribeira como un dos oficios e actividades fundamentais dentro do patrimonio mariñeiro de Galicia

Alfonso Villares destaca a alta cualificación dos profesionais integrados en Agalcari, que fabrican hoxe modernas embarcacións que vinculan o sector forestal e o mar

10/11/2023 | 16:38 | C. do Mar

Alfonso Villares destaca o esforzo inversor da Xunta na mellora das infraestrutras portuarias da Costa da Morte e con actuacións futuras de case 15 millóns de euros

O titular de Mar destacou o remate este ano dos traballos de dragaxe do porto da Laxe, que supuxo a retirada de 43.000 metros cúbicos de rocha, aos que se destinaron 3,6 millóns de euros.

10/11/2023 | 14:36 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A nova tempada de pesca fluvial en Galicia comezará o vindeiro 17 de marzo e estenderase ata o 31 de xullo

As cotas de captura e os períodos hábiles establecidos para as distintas especies recollen as propostas realizadas de cara a 2024 polos consellos provinciais de pesca

09/11/2023 | 16:14 | C. do Mar

A Xunta destaca a importancia do desenvolvemento da Economía Azul no futuro e sostenibilidade do sector marítimo pesqueiro

Antonio Basanta puxo en valor o traballo realizado ata o momento polo Goberno galego na elaboración da Axenda da Economía Azul Sustentable de Galicia

09/11/2023 | 16:02 | C. do Mar

A Xunta promociona o consumo das especies de peixe máis descoñecidas nas prazas de abastos de Galicia

Alfonso Villares resalta a importancia de dar a coñecer os produtos da pesca artesanal e fomentar o seu consumo como piar dunha dieta equilibrada e saudable