Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.406 novas da área temática Infraestruturas:

18/01/2024 | 12:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
17/01/2024 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta formaliza o contrato do servizo de redacción de proxectos en materia de estradas na provincia de Lugo

Inclúe a redacción do proxecto da 2ª fase de mellora da LU-651 entre Folgoso do Courel e Seoane

17/01/2024 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta formaliza o contrato de servizo para a redacción de proxectos en materia de estradas na provincia de Ourense

Inclúe a redacción do proxecto do novo acceso ao hospital de Ourense desde a N-525, que suporá un investimento estimado de 5 M€

17/01/2024 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras do aparcadoiro disuasorio de San Xoán, en Ferrol, nas que inviste máis de 780.000 euros

Trátase da execución do novo estacionamento para o fomento de vehículo compartido que se sitúa nun lugar estratéxico de entrada e saída da cidade, ao carón da glorieta que comunica o comezo do núcleo urbano de Ferrol coa FE-13
 

16/01/2024 | 16:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta comeza as obras do edificio C do Hospital Clínico Universitario de Santiago, no marco dos traballos de ampliación do complexo

O obxectivo é habilitar case 5.300 m2 de nova superficie neste edificio C, destinado a consultas externas e probas funcionais

16/01/2024 | 15:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A partir de mañá entrarán en servizo tres novos ramais do enlace de conexión da autovía Tui-A Guarda coa autovía A-55 e Areas

Abriranse á circulación os novos ramais de saída do enlace do punto quilométrico 30 da autovía A-55, así como o ramal directo entre a nova glorieta das estradas N-551 e PO-552 e a glorieta elevada

16/01/2024 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 6 ofertas para executar a nova glorieta no Val e a conexión co polígono de Río do Pozo, no concello de Narón

A actuación suporá un investimento de 935.000 euros e ten un prazo de execución de 12 meses

15/01/2024 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e a Autoridade Portuaria da Coruña abordan a adxudicación do proxecto para construír a estrutura flotante destinada á náutica e ao deporte no Parrote

A Autoridade Portuaria formalizou a adxudicación da redacción do proxecto, coa previsión de entregarllo á Xunta en maio para licitar os traballos e rematalos no verán de 2025

15/01/2024 | 12:13 | C. do Medio Rural

A Base de Unidade Operativa de Quiroga remata as súas obras de reforma, cun investimento total de preto de 75.000 euros

As melloras consistiron esencialmente no acondicionamento das diversas estancias que compoñen o edificio como vestiarios, duchas, zonas de descanso, almacén e garaxes

13/01/2024 | 16:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta executa actuacións de limpeza nos treitos interurbanos de nove ríos no concello de Carnota

Os traballos estanse a desenvolver nos ríos Louredo, Rateira, Pedrafigueira, Mallou, Maceiras, Lariño e en tres ríos innominados, nos seus percorridos por distintas parroquias do municipio