Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 15.195 novas:

16/07/2024 | 17:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lete Lasa destaca ao Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela como unha “referencia nacional” na súa visita ás instalacións de Pontepedriña

Destaca que as licencias federativas de ximnasia triplicáronse dende 2009 ata chegar ás preto de 6.000 coas que contamos hoxe

16/07/2024 | 16:06 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta garante que os orzamentos de 2025 permitirán cumprir cos retos que demandan os cidadáns malia a decepción polo resultado do CPFF

O conselleiro de Facenda e Administración Pública incide na falta de certezas para establecer os plans financeiros das comunidades

16/07/2024 | 16:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta lamenta que os 500 M€ que o Goberno central prometeu para un plan de reforzo das matemáticas e a lectura se queden en 95

Os representantes da Consellería que participaron na Comisión Xeral de Educación expuxeron que os 5,27M€ que lle corresponden a Galicia son insuficientes para levar a cabo as melloras necesarias

16/07/2024 | 15:45 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o crecente posicionamento das empresas galegas no mercado alemán, con 350 xa implantadas no país

Son firmas de sectores tan diversos como o téxtil, o agroalimentario, o sector da maquinaria, as TIC, o farmacéutico, os servizos bancarios ou de consultaría

16/07/2024 | 15:29 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén un encontro co novo equipo directivo do centro de menores Santo Anxo de Rábade

A educadora María Lence é a nova directora en substitución de Óscar Viñas, que deixa o posto para formar parte da nova estrutura provincial da Xunta

16/07/2024 | 14:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta fai entrega de dúas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro en Vilagarcía de Arousa

Estas propiedades sitúanse na rúa Bosque de Desamparados e se destinan ao alugueiro para menores de 36 anos e maiores de 60

16/07/2024 | 14:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade

A Xunta licita as obras do novo centro de saúde de Vilagarcía por 19 M€

O futuro edificio de dúas plantas albergará 18 consultas de medicina xeral, 17 de enfermería, 6 de pediatría e 5 de enfermería pediátrica