Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 520 novas da área temática Igualdade:

14/08/2023 | 11:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta renova o convenio de colaboración coa confederación galega de asociacións veciñais para concienciar en igualdade e previr a violencia de xénero

O programa, dotado con 15.000 euros, reforza o apoio ao impulso das entidades veciñais que camiñan cara a unha sociedade equitativa e non violenta

10/08/2023 | 14:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta o carácter inclusivo dos seus campamentos de verán

Actividades adaptadas para o desfrute do contacto coa natureza e o mar centran a proposta que ten lugar nas instalacións de Gandarío

10/08/2023 | 10:40 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina 1,1 M€ a entidades sen ánimo de lucro para promover a inserción laboral e social das vítimas de violencia de xénero, trata e explotación sexual

O DOG publica hoxe a resolución de dúas liñas de apoio diferenciadas destinadas á loita contra a violencia de xénero

09/08/2023 | 10:22 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina máis de 100.000 euros a dispositivos para a acollida de mulleres vítimas de explotación sexual e de trata en Santiago, Ourense e Lugo

A Secretaría Xeral da Igualdade vén de asinar senllos convenios con Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela e de Ourense, así como coa entidade Aliad Ultreia para garantir o funcionamento dos seus dispositivos de acollida

08/08/2023 | 10:12 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta concede preto de 1,2 M€ a máis de 200 empresas e persoas autónomas para promover a igualdade, a conciliación e a responsabilidade social empresarial

O DOG publica hoxe a resolución da convocatoria que prevía apoios de ata 9.000 euros para medidas de flexibilidade horaria ou de fomento do teletraballo e de ata 20.000 euros para os investimentos precisos que garantan o traballo en remoto

06/08/2023 | 13:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta certificou no que vai de ano máis de 3.800 formacións en 30 cursos e talleres en igualdade laboral

O campus virtual de igualdade potencia desde o 2021 a sensibilización social e a integra-ción da igualdade laboral en todos os ámbitos da sociedade

05/08/2023 | 15:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta mantén aberto o prazo para que as entidades de iniciativa social se acollan ás axudas para o financiamento de programas e servizos

Teñen ata o vindeiro 10 de agosto para presentar as solicitudes a través da sede electrónica da Administración autonómica

04/08/2023 | 11:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destina preto de 400.000 euros a garantir a igualdade e a erradicar a violencia de xénero da man das federacións de asociacións de mulleres rurais galegas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, asinou convenios de colaboración con Femuro, Fademur, Femupo e Afammer Lugo para desenvolver accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e de apoio ás vítimas

03/08/2023 | 15:06 | A Presidencia da Xunta; C. de Facenda e Administración Pública

O Goberno galego aproba o I Plan de Igualdade da Administración autonómica

Rueda resalta que o Plan contará con 74 medidas en oito eixos estratéxicos centrados en promover a conciliación, impulsar a formación neste eido ou garantír a igualdade no acceso e promoción de emprego público

03/08/2023 | 14:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén aberto o prazo do programa Emega que concedeu o pasado ano en Vigo achegas por valor de case 600.000 euros ao emprendemento feminino

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este xoves unha panadería da cidade que contou en 2022 con axudas para a contratación de catro mulleres, tres de elas por conta allea