Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 328 novas da área temática i+D+i:

04/02/2023 | 12:15 | C. de Economía e Industria

A Xunta convoca a cuarta edición do programa Ignicia para poñer en valor a investigación galega e impulsar a chegada do coñecemento ao mercado

A convocatoria, dotada con preto de 4 millóns de euros, prevé apoiar ao redor de oito proxectos cos que se busca axudar á creación de novas spin-offs e acordos de licenzas de comercialización da tecnoloxía xerada en Galicia

01/02/2023 | 12:41 | C. de Economía e Industria

A Xunta colabora con Viaqua e Cetaqua na posta en marcha dun centro de investigación para obter auga reutilizable e producir hidróxeno verde e biometano

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Santiago de Compostela na presentación da iniciativa

31/01/2023 | 16:31 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda aposta pola colaboración público-privada para sacar proveito das oportunidades que se lle presentan a Galicia

Reclama “unidade” para saldar as “débedas” coa Comunidade e “apoio” ás empresas que crean riqueza

28/01/2023 | 10:00 | C. de Facenda e Administración Pública

Gaiástech acolle o mes do deseño cun ciclo de formación sobre fotografía en redes e creación de contidos dixitais

 Constará de cinco sesións en liña que se desenvolverán todos os mércores entre o 1 de febreiro e o 1 de marzo

26/01/2023 | 13:20 | C. do Medio Rural

Un total de 25 grupos operativos de innovación recibirán axudas da Xunta por importe de case 4,3 M€ para levar a cabo proxectos no agro galego

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas axudas da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural

26/01/2023 | 11:59 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP analiza os efectos da transformación dixital no sector público e privado

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acollerá mañá venres ás 12.30 horas a conferencia A Administración dixital e as implicacións da dixitalización no sector privado
 

25/01/2023 | 15:00 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta promove en Bruxelas o debate sobre o papel das rexións no desenvolvemento da intelixencia artificial

A Fundación Galicia Europa acolleu hoxe na capital comunitaria a xornada “Intelixencia artificial, intelixencia rexional”
 

25/01/2023 | 11:52 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a posición de vangarda de Galicia no desenvolvemento de tecnoloxías para acadar sistemas non tripulados máis autónomos e seguros

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, expuxo as claves do Polo Aeroespacial de Galicia nunha xornada en Madrid organizada polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico e Industrial (CDTI) e pola Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA)

24/01/2023 | 12:59 | C. de Economía e Industria

A Xunta informa sobre as oportunidades dos programas europeos de I+D+i para impulsar a competitividade das pemes galegas

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, destacou os bos resultados obtidos polas entidades galegas en Horizonte Europa e apuntou que o reto para o periodo 21-27 é incrementar a participación das empresas

23/01/2023 | 11:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o convenio entre Telespazio e a Universidade de Vigo é un exemplo das simbioses que xera o Polo Aeroespacial de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación do acordo mediante o cal a multinacional colaborará, entre outros aspectos, na posta en marcha dun máster dual en Información Geoespacial