Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 476 novas da área temática Forestal:

09/06/2023 | 13:58 | C. do Medio Rural

A Xunta define o Inventario Forestal Continuo como unha oportunidade para impulsar un mellor aproveitamento da madeira como recurso endóxeno

José González engadiu que se trata de mellorar, en consecuencia, a transformación da madeira “baixo criterios de sustentabilidade e racionalidade, xerando emprego e loitando contra o abandono e os incendios”

08/06/2023 | 14:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reforza a coordinación do plan especial de incendios forestais de Galicia cun simulacro en Portomarín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou no operativo de resposta a un hipotético lume en situación 2 que afectaría a este municipio e a Taboada

07/06/2023 | 12:35 | C. do Medio Rural

A Xunta comeza coa inspección do estado da xestión de biomasa nas faixas secundarias preto das casas, que se verá complementada este ano co labor das brigadas municipais

José González salientou que este ano haberá preto de mil persoas sobre o terreo en toda Galicia -entre técnicos da Xunta e membros das brigadas municipais- comprobando o estado da biomasa nas faixas preto das vivendas

06/06/2023 | 13:05 | C. do Medio Rural

A Xunta xestionará directamente a biomasa preto das vivendas en sete concellos piloto que contan con case 2.500 ha en faixas secundarias distribuídas nunhas 50.000 parcelas

Os seis municipios restantes nos que tamén se vai actuar son os das Nogais, na provincia de Lugo; Cualedro, A Gudiña, Monterrei e Lobios, na provincia de Ourense; e Gondomar, na de Pontevedra

02/06/2023 | 13:17 | A Presidencia da Xunta; C. do Medio Rural

Rueda destaca o Inventario Forestal Continuo de Galicia como unha ferramenta fundamental para o crecemento de todo o sector na comunidade

Enxalza o investimento autonómico, que supera os 3 M€, nunha iniciativa que funciona como instrumento de control e planificación básico do monte galego

26/05/2023 | 10:48 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca axudas por 750.000 euros para recuperación de soutos de castiñeiros e para as explotacións apícolas en zonas afectadas polos incendios do ano pasado

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe cadansúa orde da Consellería do Medio Rural coas bases reguladoras e a convocatoria destas subvencións

26/05/2023 | 10:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Medio Rural

A Policía Autonómica esclarece un incendio forestal no concello ourensán de Maside

O lume afectou 0,20 hectáreas de superficie arborada e foi provocado polo lanzamento de fogos de artificio

25/05/2023 | 15:09 | C. do Medio Rural

A Xunta creará un campo de ensaio con distintos tipos de oliveiras en Galicia e fomentará a súa caracterización agronómica e estudos comparativos de produtividade

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou na localidade luguesa da Pobra do Brollón na presentación do proxecto Impulso da oliveira en Galicia que promove a Consellería do Medio Rural para fomentar este cultivo na nosa comunidade

25/05/2023 | 12:24 | C. do Medio Rural

A Xunta incrementa ata os 3 M€ as axudas para a creación de superficies forestais co obxectivo de plantar ata 1.500 de coníferas e frondosas

A finalidade destas achegas é fomentar a primeira forestación de terras non agrícolas para favorecer o aumento da diversidade e da superficie arborada, así como previr o risco de incendios

25/05/2023 | 10:54 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca unha nova poxa pública electrónica de madeira que se celebrará proximamente na Coruña

En total serán 42 lotes de madeira por máis de 1,7 millóns de euros os que sairán a poxa o vindeiro 11 de xullo