Actualidade
Buscador de novas
Rueda eloxia o papel da Policía Local á hora de construír unha Galicia máis segura para vivir, traballar e visitar
Agradeceu o compromiso e a dedicación dos axentes nun corpo que “case sempre é o primeiro en acudir a situacións de emerxencias”
A Xunta entrega desfribriladores a máis dun cento de concellos
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a directora da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Adriana Regueira, participaron no acto de cesión das dotacións
Gabriel Alén destaca o traballo da Xunta a prol da prevención, autoprotección e resposta ante situacións de emerxencias
O delegado territorial da Xunta sinalou que Previsel consolídase como referente para o intercambio de experiencias en materia de xestión e prevención de riscos laborais coa participación de recoñecidos expertos neste ámbito para incidir na importancia de prevención de riscos
A Xunta reforza o material das agrupacións de voluntarios de protección civil pontevedresas con tendas de campaña de emerxencias
O director xeral de Emerxencias e Interior e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra participaron na entrega das dotacións
O 061 de Galicia asistiu 51 persoas por 36 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 15 de marzo ata as 23,59 horas do domingo, 17 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 49 chamadas por accidentes de tráfico
A Policía Autonómica e axentes da UIFO esclarecen un incendio forestal no concello coruñés de Boiro
O lume afectou 1.400 metros cadrados de superficie arborada e foi provocado por un escape dunha queima sen as debidas medidas de seguridade
A Xunta reforza o material das agrupacións de voluntarios de protección civil ourensás con tendas de campaña de emerxencias
O director xeral de Emerxencias e Interior e o delegado territorial da Xunta en Ourense participaron na entrega das dotacións
A Xunta dota preto de 20 concellos con embarcacións e remolques para os servizos de emerxencias
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, participou na entrega do equipamento, que suma un investimento superior aos 336.000€
O 061 de Galicia asistiu 39 persoas por 34 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 10 de marzo, ata as 23,59 horas do domingo, 12 de marzo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 55 chamadas por accidentes de tráfico