Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 637 novas da área temática Turismo:

27/10/2023 | 12:20 | C. de Economía e Industria

Casa Solla recibe o selo de garantía Galicia Calidade que certifica a súa aposta pola cociña de calidade e proximidade

Con esta nova incorporación, son xa máis de 37 os establecementos de hostalería que contan con este certificado de garantía no conxunto das máis de 150 empresas adheridas

26/10/2023 | 20:19 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta impulsará en 2024 o turismo termal con axudas para reforzar a oferta e as infraestruturas

O director de Turismo de Galicia e o delegado territorial da Xunta en Ourense participan na inaugración do 74º Congreso Internacional de Hidroterapia

26/10/2023 | 15:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis de 70.000 euros no Deza-Tabeirós para implantar medidas de dixitalización en establecementos turísticos de restauración

O delegado territorial visitou o restaurante O Refuxio de Merza, en Vila de Cruces, que recibiu 10.000 euros para modernizar o sistema de comandas

25/10/2023 | 17:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a 34 empresas do sector turístico da área de Santiago con máis de 247.000 € para impulsar a súa dixitalización

O obxectivo das axudas é acompañar ás empresas turísticas no proceso de transformación dixital para mellorar a súa competitividade e adaptarse ás novas necesidades e tendencias

25/10/2023 | 16:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a CEL promoven en Ribadeo unha xornada centrada na innovación no sector turístico

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, lembrou que o Goberno galego ofrece apoio económico e asesoramento técnico para mellorar a competitividade das empresas galegas

25/10/2023 | 14:50 | Axencia de Turismo de Galicia

Este venres abre o prazo para descargar o Bono Turístico da Xunta e gozar de descontos en estadías en Galicia en outono

A partir das 9,00 horas os usuarios poderán obter un dos 10.000 que se porán en circulación na páxina web www.bonoturismo.gal

24/10/2023 | 15:38 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta apoia a celebración en Galicia do novo espectáculo do Circo do Sol como atractivo e reclamo turístico do nadal galego

O director de Turismo de Galicia participa na presentación de ‘OVO’, que poderá verse no Multiusos Fontes do Sar de Santiago de Compostela do 3 ao 7 de xaneiro

24/10/2023 | 15:27 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A delegada da Xunta supervisa as obras de humanización da fortaleza de Salvaterra de Miño

Ana Ortiz realizou un percorrido polos traballos que o Goberno galego leva a cabo na praza da Oliva e nas rúas do recinto amurallado

23/10/2023 | 13:20 | Axencia de Turismo de Galicia

Galicia refórzase en setembro como destino competitivo cos mellores niveis de rendibilidade hoteleira desde que se teñen rexistros

Segundo os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) referidos a hoteis e pensións, estes datos económicos están a medrar a un ritmo do 8 % no mes de setembro e do 7 % no que levamos de ano