Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 312 novas da área temática Transporte:

03/02/2023 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta integrará os servizos de taxi na cadea de transporte público autonómico co obxectivo de favorecer desprazamentos útiles e eficientes no rural

Ignacio Maestro sinala que en concellos rurais, como Folgoso do Courel, a alternativa do taxi complementa o servizo do autobús para facilitar a mobilidade dos veciños

27/01/2023 | 14:13 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Galicia, Asturias e Castela e León cifran en 7.900 M€ os investimentos necesarios para o Corredor Atlántico Noroeste e demandan maior compromiso do Goberno

As tres comunidades presentan a estratexia conxunta que remitirán ao Goberno de España para que a tome de base na elaboración dun Plan Director, que recolla de forma detallada e calendarizada os investimentos e actuacións necesarias

21/01/2023 | 21:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Arias destaca o apoio da Xunta ás asociacións na xornada de convivencia cos veciños de Esperante

Lembra que ata o 17 de febreiro poden solicitarse as axudas da nova convocatoria dirixida a respaldar a actividade das comunidades veciñais

19/01/2023 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concede 180 axudas para a adquisición de taxis adaptados á mobilidade reducida, de baixas emisións ou eléctricos, cun investimento de 904.000 €

Nesta convocatoria, as axudas ao sector do taxis facilitaron a compra de 27 vehículos adaptados; de 142 taxis de baixas emisións; e de 11 vehículos de emisións cero

17/01/2023 | 13:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia que a Xunta licitará na primavera a reforma da rúa Miño de Salvaterra para adaptala ao tráfico internacional cun investimento de case 340.000 €

Vázquez Mourelle subliña que estas obras, no treito final da rúa, contan cun prazo de execución de 6 meses, polo que se prevé que estean rematadas a comezos de 2024
 

17/01/2023 | 12:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta trasládalle ao concello de Lugo o inicio da tramitación urbanística da estación de autobuses intermodal, cun investimento autonómico de 13,6 M€

A Xunta tramitará o proxecto da nova estación de autobuses e do aparcadoiro subterráneo a través da Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese, que permitirá acurtar os prazos do procedemento

16/01/2023 | 12:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta amplía en case 7,6 M€ o crédito das axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías

O prazo de presentación de solicitudes segue aberto nos mesmos termos establecidos na convocatoria inicial

13/01/2023 | 15:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concedeu 164.000 euros a 20 taxistas lucenses para comprar vehículos accesibles e de baixas emisións

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que está aberta unha nova convocatoria desta liña de axudas, que busca incentivar a adquisición de taxis adaptados para persoas con mobilidade reducida e pouco contaminantes

13/01/2023 | 13:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto de mellora de 40 paradas de autobús en estradas autonómicas, nas rutas de acceso a Ourense, que suporá un investimento de máis de 1 M€

As obras levaranse a cabo nas paradas situadas en vías autonómicas ao paso polos concellos de Barbadás, O Barco de Valdeorras, O Bolo, Castro Caldelas, Coles, Esgos, Larouco, Laza, Maceda, Ourense, Petín, A Rúa, Verín e Viana do Bolo

04/01/2023 | 13:16 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública a mellora de 64 paradas de autobús en 10 concellos das comarcas de Santiago e de Bergantiños-Costa da Morte

Trenor informou que esta intervención suporá un investimento autonómico de 2,7 millóns de euros